Inicio Galicia Iníciase a participación pública do futuro Plan de conservación do monumento natural...

Iníciase a participación pública do futuro Plan de conservación do monumento natural da Serra de Pena Corneira nos concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión

0

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica hoxe o anuncio, polo que se da comezo á participación pública do documento preliminar do plan de conservación para este monumento natural que ten unha superficie de máis de 980 hectáreas

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comeza hoxe, co inicio da participación pública documento preliminar, os distintos trámites e procedementos para a elaboración do Plan de Conservación do Monumento Natural A Serra de Pena Corneira, que abrangue os concellos de Carballeda de Avia, Leiro e Avión. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio pola que se somete un documento preliminar ao trámite de participación pública por un prazo de 20 días hábiles, comezando a contar o dito prazo, mañá día 11 de maio.

Trátase da fase inicial da tramitación deste expediente sobre este monumento natural, a Serra de Pena Corneira, que constitúe unha prolongación ao nordés da serra do Suído e ten unha superficie aproximada de 988 hectáreas, entre as bacías dos ríos Avia e Miño; e que foi oi declarado monumento natural mediante o Decreto 264/2007, do 20 de decembro.

Leer más:  Detenidos dos empleados de una empresa de San Sadurniño (A Coruña) por robar 30 piezas de bronce que pesaban 700 kilos

De acordo co previsto no artigo 31 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, é preciso aprobar o correspondente plan de conservación do referido monumento natural. Tal como estipula o seu artigo 37, neste plan establecerase o réxime de usos e actividades permisibles e as limitacións necesarias para a conservación do espazo.

Así, este espazo sumarase ao listado de espazos protexidos nos que a Xunta está a desenvolver a súa planificación, como a elaboración dos plans reitores de uso e xestión dos parques naturais e do Parque Nacional, así como o Plan de Conservación do Monumento Natural do Souto da Retorta e da Fraga de Catasós.

O documento exposto a participación pública constitúe a fase inicial do plan de conservación, onde se fai unha breve descrición da zona de actuación, así como das súas principais presións e ameazas, que será a base para que o público en xeral poida expresar as súas opinións.

Con posterioridade, en base ás alegacións e á información obtida pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, elaborarase un borrador de plan de conservación con todos os apartados establecidos pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, que será sometido a un novo procedemento de información pública, audiencia aos interesados e consulta ás Administracións afectadas.

Leer más:  Un menor resultó gravemente herido al caer de un tejado mientras recogía una pelota en Dumbría (A Coruña)

Durante o procedemento de tramitación do plan de conservación establécese un réxime de protección específica para o espazo, de xeito que, ademais de serlle de aplicación o previsto no Decreto da súa creación, estarase ao previsto no artigo 21 da Lei 9/2001, do 2 de agosto, de conservación da natureza. Valores de Pena CorneiraA importancia da zona radica nunha masa plutónica que dá lugar a un batolito de 18 km en sentido meridiano e 7 km en sentido leste-oeste, froito dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda do antigo volcán, hai aproximadamente 300 millóns de anos. O dito batolito está constituído por rochas graníticas hercínicas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, aparecendo granitos biotíticos e granodioritas biotíticas anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posible a existencia do macizo de Pena Corneira e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domo alvéolos, corredores deprimidos, caos de bolos, pías (pot holes, gnammas),…

Leer más:  Una persona fue arrestada por el incendio en un edificio en A Coruña donde una menor fue rescatada

No referente á vexetación, o bosque climático nas partes baixas do territorio correspóndese cunha carballeira pertencente á serie Ruscus aculeati-Quercetum ruboris, co carballo (Quercus robur) como especie arbórea dominante e a xibarda (Ruscus aculeatus) como diferencial da asociación. Coexistindo co carballo tamén aparecen outras árbores acompañantes como o castiñeiro (Castanea sativa) ou o cerquiño (Quercus pyrenaica). A influencia mediterránea é notable, aparecendo especies como o loureiro (Laurus nobilis) o érbedo (Arbutus unedo), etc.

Nas zonas de maior altitude da serra, máis frías e húmidas, desenvólvese unha carballeira acidófila montana con arando (serie Vaccinio myrtilli-Quercetum boboris), de carácter máis continental e relacionada coa comunidade anterior, destacando especies como o bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium) ou o castiñeiro (Castanea sativa). 


- Te recomendamos -