Inicio Galicia Galicia rexistra en 2017 a menor incidencia da varicela dos últimos seis...

Galicia rexistra en 2017 a menor incidencia da varicela dos últimos seis anos

0

A porcentaxe diminuíu nun 33% o pasado ano respecto á media do cuadrienio 2013-2016 e o descenso dáse en todos os grupos de idade

Galicia rexistrou o pasado ano a taxa máis baixa dende 2011 no tocante a incidencia da varicela, rachando deste xeito a tendencia a alza dos últimos anos. Así se desprende dos datos publicados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a evolución da varicela e a efectividade da vacina en 2017.

Neste senso, ao longo do pasado ano notificáronse 257 casos por cada cen mil habitantes, un 50% menos que os rexistrados no período anterior, no que cunha incidencia de 514 casos por cada cen mil habitantes, situou a 2016 como o ano no que se rexistrou o maior pico de varicela dos últimos anos.

O comportamento á baixa observado en 2017 afectou a todos os grupos de idade, cun descenso da incidencia media global do 33% respecto á media do cuadrienio 2013-2016. Os maiores descensos relaciónanse, directa ou indirectamente, coa vacinación fronte á varicela. Hai que subliñar que a varicela ten unha estacionalidade característica, con maior incidencia na primavera e no verán, ademais dunha distribución etárea moi marcada, coas maiores incidencias nos máis novos, en ausencia de vacinación.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Por grupos de idade, nos nenos de 0 a 4 anos, con de 3.322 casos de varicela notificados o pasado ano por cada cen mil habitantes, a baixada rexistrada foi do 38%. O grupo no que se rexistrou o maior descenso foi na poboación de 20 a 24 anos, que con 38 casos por cada cen mil habitantes acadou unha diminución do 50% con respecto a incidencia media do cuadrienio 2013-2016.

A franxa de idade comprendida entre os 30 a 34 anos e 35 a 39 anos rexistrou un descenso do 37% e no 39% respectivamente, e no seu conxunto, é marcadamente superior ao do restos dos grupos. A diminución da incidencia da varicela neste colectivo pode ser debida ao efecto indirecto da vacinación infantil, xa que é neste grupo onde se atopa a meirande parte dos pais e das nais dos nenos e dos rapaces.

Se comparamos o impacto por cohorte, á de nenos nados en 2015 e á dos nados 2016, con respecto á cohortes previas, a diminución de casos de varicela, foi do 96% e do 89%, respectivamente.Á cobertura vacinal en primovacinación, e segundo os últimos datos do programa de vacinación infantil, foi o pasado ano do 91,2%, unha taxa superior en 3,8 puntos porcentuais á da media de España, que foi do 87,4%.

Leer más:  Un total de 11 expertos de diferentes comunidades se reunieron en Andalucía para discutir sobre los planes de salud mental infanto-juvenil

Dúas doses dende abril de 2016O Servizo Galego de Saúde introduciu en abril de 2016 a vacinación fronte a varicela de xeito gratuíto no calendario de vacinación infantil con cargo ao Programa Galego de Vacinacións con dúas doses, unha aos 15 meses e outra aos 3 anos, mantendo a vacinación para os preadolescentes aos 12 anos, naqueles que ao chegar a esta idade non pasaron a enfermidade ou non estean previamente vacinados, e tamén para aquelas persoas susceptibles, de calquera idade, incluídas nos grupos de poboación con alto risco. Esta medida facíase efectiva despois da recomendación feita polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en xullo de 2015 e tras a consulta e aprobación por parte da Comisión Asesora de Enfermidades Inmunoprevisibles de Galicia.

Cómpre subliñar que a vacina fronte a varicela xa formaba parte do calendario infantil galego dende xuño de 2005, coa indicación de vacinacións nos rapaces susceptibles aos 12 anos e tamén naqueles grupos de poboación con alto risco de padecer a enfermidade. 

Leer más:  Cepesca solicita al Gobierno ayudas especiales para la industria pesquera

- Te recomendamos -