Inicio Galicia Galicia descobre variedades de uva e fermentos do viño moi útiles para...

Galicia descobre variedades de uva e fermentos do viño moi útiles para afrontar a incidencia do cambio climático na vitivinicultura

0

Así o constatou a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) cun proxecto de investigación sobre a materia apoiado pola Fundación Biodiversidad

Galicia dispón dunha ampla diversidade de variedades de uva e lévedos (fermentos) do viño de gran utilidade para afrontar as consecuencias do cambio climático en vitivinicultura, ofrecendo solucións a curto ou medio prazo para o sector. Así o constatou a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), integrada na Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Consellería do Medio Rural, a través dun proxecto de investigación sobre a materia.

O cambio climático modifica o desenvolvemento e a maduración da uva. O efecto máis notable é o aumento da concentración de azucre e unha redución da acidez no mosto, que inflúe na fermentación e, finalmente, nas características do viño. Para avaliar esta incidencia, a Evega desenvolveu o proxecto “Diversidad de levaduras y de variedades de vid para la adaptación al cambio climático en vitivinicultura”, co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica. Esta iniciativa foi presentada na convocatoria de subvencións en réxime de competencia competitiva da Fundación Biodiversidad para a realización de proxectos sobre a adaptación ao cambio climático 2016, que foi avaliado positivamente e outorgado para a súa execución durante o período comprendido entre xullo de 2017 e xuño de 2018.

Leer más:  Un adulto y un menor resultan heridos después de salirse de la vía y volcar su coche en Rois (A Coruña)

Colección de videsNeste proxecto utilizáronse os datos dispoñibles dos estudos realizados sobre variedades conservadas na colección de vides da Evega. Foron avaliados o ciclo fenolóxico e o potencial enolóxico das distintas castes para valorar a variabilidade dispoñible fronte aos efectos do cambio climático. Constatouse que Galicia ten un potencial vitícola importante que inclúe variedades de ciclo longo e alta acidez que poden solucionar algún dos problemas causados polo cambio climático, como é a Loureira entre as variedades brancas ou Caíño Longo, Caíño Tinto ou Sousón entre as tintas. Noutras variedades de ciclo curto, pero con altos valores de acidez como Albariño ou Caíño Branco, o aumento da temperatura favorecerá unha diminución da acidez e permitirá a elaboración de viños máis equilibrados.

Ademais, a partir da colección de lévedos vínicos da Evega, avaliáronse 60 cepas polo seu comportamento fermentativo e capacidade de producir etanol. Catorce fermentos foron preseleccionados e probados en microvinificacións para investigar a súa influencia sobre a composición química dos viños e o seu potencial para mitigar os efectos do cambio climático. Destes, Metschnikowia fruticola Mf278 e Lachancea termotolerans Lt93 destacaron pola súa capacidade de reducir o grao alcohólico do viño e aumentar a acidez, respectivamente; ademais de ter unha influencia positiva sobre a calidade organoléptica do viño.

Leer más:  La alcaldesa de A Coruña critica a Feijóo de actitud negativa con Sánchez: "Sus declaraciones han sido terribles"

- Te recomendamos -