Inicio Galicia Galicia reforza en Brasil o seu papel como potencia termal europea ante...

Galicia reforza en Brasil o seu papel como potencia termal europea ante profesionais de preto de 40 países de todo o mundo

0

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na inauguración oficial da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia 2018 onde puxo en valor o traballo coordinado das administracións e o sector termal galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración oficial da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia 2018, onde puxo en valor o importante papel da Comunidade galega como unha das principais potencias termais europeas grazas, dixo, ao traballo coordinado das administracións e dun sector “comprometido e excelente”.

A responsable de Turismo do Goberno autonómico tamén repasou o potencial termal de Galicia, a segunda rexión de Europa con maior riqueza en augas mineromedicinais, con máis de 300 mananciais. A isto se engade unha infraestrutura moderna e diversificada, con máis de 20 balnearios e 3.000 prazas, así como o liderado en Q de Calidade Turística neste mercado entre todas as comunidades autónomas.

Ademais de participar na inauguración da feira e tras presentar onte, ante profesionais do termalismo de todo o mundo, a xestión turística galega no 13º Encontro Internacional sobre Auga e Saúde organizado ao abeiro de Termatalia, Nava Castro completa a súa axenda hoxe cun encontro con prensa especializada internacional para presentar a oferta galega neste eido xunto ao Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia.

Leer más:  El concejal de A Illa condenado por maltrato "cumplió su pena" y "las urnas hablaron", según el PPdeG

Clave na Estratexia 2020A presenza de Nava Castro en Termatalia 2018 -que reúne a 200 expositores, 25 turoperadores e a máis 60 expertos internacionais- enmárcase nos compromisos do Goberno galego incluídos na Estratexia do turismo de Galicia 2020 que, sitúa o turismo termal como clave na oferta turística e aspira a traballar no turismo de saúde e benestar como modalidade estratéxica para atraer un segmento de poboación de interese tanto pola súa capacidade de gasto como pola tendencia a realizar unha estadía superior á media.

A folla de ruta impulsada entre o Goberno galego e o sector para afondar nun destino de calidade e responsable outorga gran protagonismo ao termalismo con accións específicas en dúas das súas 11 liñas estratéxicas. Inclúe o apoio á xeración de novos produtos e servizos baseados na innovación e no turismo de benestar, o pulo da colaboración público-privada para adecuar a oferta ás expectativas do turismo internacional, así como a presenza en feiras como Termatalia, un referente internacional de turismo de saúde e termal. 


- Te recomendamos -