Inicio Galicia Galicia é a primeira comunidade cunha lei que consolida a igualdade de...

Galicia é a primeira comunidade cunha lei que consolida a igualdade de trato e a non discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nas Xornadas ‘Diversidade e Igualdade. Sensibilizar, visibilizar, normalizar’


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou que a nosa comunidade foi a primeira en contar cunha Lei que consolida a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero, que consolida o principio de igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas LGTBI.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, intervén nas xornadas ‘Diversidade e Igualdade. Sensibilizar, visibilizar, normalizar’, onde ademais indicou que o Goberno galego ten un firme compromiso e apoio ao colectivo LGTBI, cunha partida específica nos orzamentos.

López Abella lembrou que o Goberno galego aprobou xa no ano 2014 a Lei pola Igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia, e dende a súa entrada en vigor, os distintos departamentos da Xunta traballan na aplicación nos seus ámbitos competenciais.

A titular de Igualdade indicou que ninguén está obrigado a declarar ou expresar a súa orientación sexual, pero é necesario xerar uns espazos de traballo inclusivos coa diversidade sexual, de forma que o optar por non visibilizar a orientación sexual ou identidade de xénero no traballo, non se deba ao temor para sufrir discriminación, senón como exercicio da liberdade do que se quere compartir ou non no espazo de traballo.

Leer más:  El martes en Santiago se reunirán expertos en IA de toda España para discutir los desafíos educativos futuros

O Goberno galego ten en marcha a creación do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, que ten como obxectivo principal reforzar a loita contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, para consolidar e defender os dereitos das persoas sexa cal sexa a súa orientación sexual e de xénero, así como para promover valores como o respecto á diversidade e ao libre desenvolvemento das persoas.

O Observatorio galego constitúe un novo instrumento para a promoción de valores de respecto á diversidade de orientación sexual e identidade de xénero e o fomento dun espírito crítico de denuncia dos delitos de odio por motivo de discriminación ou violencia debido á orientación sexual e identidade de xénero.

Así, Galicia converterase na terceira Comunidade Autónoma en contar con órgano colexiado, consultivo e de participación social en materia de dereitos das persoas LGBTI. A finalidade do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero é a promoción da igualdade real e efectiva das persoas LGTBI, contribuír ao coñecemento da realidade da diversidade de orientación sexual e de identidade de xénero co obxecto de identificar as necesidades e barreiras que impiden o pleno desenvolvemento dos seus dereitos e o seu cumprimento.  

Leer más:  La Xunta considera controlado el brote de gastroenteritis en un colegio de Ames (A Coruña), donde se han registrado alrededor de 100 casos

- Te recomendamos -