Inicio Galicia Galicia avanza o paso definitivo para acadar a declaración do Parque Nacional...

Galicia avanza o paso definitivo para acadar a declaración do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia como Patrimonio da Humanidade coa aprobación do seu Plan reitor

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá no Consello da Rede de Parques Nacionais o PRUX, un completo documento que ten en conta todas as visións


O Plan reitor de uso e xestión das Illas Cíes vén de acadar o visto bo do Consello da Rede de Parques Nacionais, polo que Galicia avanza o paso definitivo para conseguir que o único parque nacional que hai na Comunidade galega logre a declaración por parte da Unesco como Patrimonio da Humanidade. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou este fito da Xunta, tras presentar o plan de xestión na reunión do Consello de Parques celebrado esta mañá en Madrid e que estivo presidido pola ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.Ángeles Vázquez considerou que a aprobación do PRUX é un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido durante meses polo Goberno galego para dotar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas dun completo plan de xestión, que rexerá durante a vindeira década. Indicou que se trata dun documento de xestión que é froito do consenso e do traballo coordinado cos diferentes sectores e actores, que puideron expresar as súas demandas e que se tiveron en conta; polo que é “un documento completo que ten en conta todas as visións”, defendeu.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

A modo de resumo, explicou que se trata dunha folla de ruta na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.

A conselleira de Medio Ambiente salientou que unha das principais novidades é o establecemento por primeira vez dun cupo de visitantes nas Illas Ons; polo que a totalidade de illas que compoñen o Parque Nacional contará cun límite de acceso, tanto na tempada alta como na baixa, co obxectivo principal e primordial de garantir a súa conservación co desenvolvemento dun turismo sostible.

Así, a regulación do uso público en Cíes establece un máximo de 1.800 persoas de visitantes diarios, ao que se suma un máximo de 400 visitantes para grupos e un máximo de 600 campistas; en Ons, por primeira vez, será de 1.300 persoas ao día, 200 para grupo e a zona de acampada estará limitada a 300 diarias; e Sálvora e Cortegada, manteñen o cupo actual de grupos autorizados, 250 persoas ao día.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Outras das novidades son a implantación dunha nova zonificación no parque nacional, tendo en conta a súa dimensión vertical e a profundidade das augas e, polo tanto, é a primeira vez que se aplica este sistema nun parque nacional; e a regulación dos aproveitamentos pesqueiros e marisqueiros, en consenso co sector, para manter as actividades que se viñan desenvolvendo ata o momento, promover o deseño e aplicación dun código de boas prácticas e impulsar unha marca de calidade.

O Plan reitor de uso e xestión estará acompasado polo desenvolvemento dun plan de actuacións con oito liñas de traballo, centradas na conservación da biodiversidade e a paisaxe, a investigación, o uso público, a conservación do patrimonio cultural, a mellora da sostibilidade e a calidade de vida, e a definición dun plan de emerxencias, outro de autoprotección e un de desenvolvemento sostible. Un plan de acción que cada ano implicará investir 2,6 millóns de euros.

Por último, a conselleira agradeceu a colaboración e participación da totalidade de axentes que interveñen neste territorio protexido, pois o seu traballo e esforzo permite que o único parque nacional que ten Galicia conte cun plan reitor, que xa encara a súa aprobación definitiva final; pois este mesmo venres se leva a Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads), paso previo a súa elevación ao Consello da Xunta antes de que remate o ano, cumprindo así a palabra de que dito documento sería unha realidade no ano 2018.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

- Te recomendamos -