Inicio Galicia Formalízase a acta de replanteo para a demolición do antigo Hospital Xeral...

Formalízase a acta de replanteo para a demolición do antigo Hospital Xeral de Lugo, trámite que marca o inicio das obras

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, tras visitar o recinto no que se executarán os traballos, presentou o catálogo de actuacións previstas


Hoxe formalizouse a acta de comprobación de replanteo e inicio das obras de demolición das instalacións do antigo Hospital Xeral de Lugo. Este novo paso, que pon fin á tramitación administrativa, marca o inicio na execución dos traballos contratados.

Así o explicou esta mañá o delgado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen, nunha visita ás instalacións do antigo centro hospitalario, avanzou as previsións coas que traballa o Goberno galego para acometer esta obra.

Balseiro estivo acompañado de integrantes da oficina técnica da Consellería de Sanidade, dos directores de obra e de execución dos traballos, e de representantes da empresa adxudicataria.

Orzamento e prazo de execuciónO orzamento destas obras é de 3.282.684,75 euros e suporá actuar nunha superficie construída de 20.133 metros cadrados, incluída as edificacións auxiliares. A empresa encargada da execución da obra é Tragsa, que actúa como medio propio, previo encargo publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado día 26 de novembro.

Leer más:  CC.OO. solicita mayor atención a los accidentes laborales en obras de rehabilitación y en zonas rurales, y la necesidad de aumentar las inspecciones

A duración do encargo para a demolición da devandita infraestrutura sanitaria ten un prazo estimado de sete meses. Con esta encomenda a Tragsa, o Goberno galego reafirma o seu compromiso de dotar á cidadanía de Lugo, e en concreto ao barrio da Residencia, de novos servizos públicos.

Principais actuaciónsNestes días se está a levar a cabo o peche perimetral e sinalización de seguridade, na zona na que se desenvolveran os traballos e, de xeito paralelo, contratarase a luz de obra e a instalación dun montacargas, que facilitará o baleirado dos distintos andares do hospital.

Durante mes e medio está previsto, tamén, a instalación dos colectores de residuos e o baleirado da totalidade do edificio e continuarase coa retirada de todos os materiais que poden ser obxecto de reutilización ou enaxenación mediante xestores autorizados, uns traballos que xa comezaron días atrás cos elementos de fácil retirada.

Con posterioridade levarase a cabo a desmontaxe controlada , manual e mecánica dos elementos estruturais do propio edificio, aplicando os protocolos específicos naqueles materiais que teñen fibrocemento. Destas operacións en concreto, encargarase unha ou varias empresas especializadas en colaboración co persoal propio de Tragsa.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

Teñen previsto empregarse robots de demolición teledixiridos nestes espazos máis sensibles, e para maior seguridade dos usuarios, procederase ao illamento da zona de traballo e construción de burbullas de contención.

A demolición comezará pola planta baixo cuberta e farase sempre desde arriba cara abaixo. Desde o punto de vista técnico, os traballos realízanse polo procedemento denominado “demolición mecánica selectiva ao 100% por disgregación”. Polo tanto, queda descartada calquera operación de voadura controlada, debido á proximidade con outros edificios de vivendas e para evitar riscos por movementos vibratorios.

A demolición das instalacións do antigo Hospital Xeral é unha operación moi complexa desde o punto de vista técnico e arquitectónico. De feito, trátase de eliminar progresivamente un edificio que se desenvolve a diversas alturas: unha planta soto de servizo, unha planta semisoto, a planta baixa de acceso, seis plantas altas tipo de hospitalización e unha última planta baixo cuberta que alberga a maquinaria do núcleo de ascensores da edificación.

Futura residencia para persoas maiores con 120 prazasAs instalacións do antigo Hospital Xeral de Lugo, situadas no barrio da Residencia, atópanse en desuso tras a posta en marcha do Hospital Lucus Augusti. A súa demolición permitirá liberar os espazos nos que a Xunta ten previsto desenvolver unha residencia para maiores, con 120 prazas públicas, e reserva tamén unha dotación para a futura comisaría.

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' fueron puestos en libertad con la condición de comparecer en el juzgado

A nova Residencia para persoas maiores sitúase cara ao nordés do Materno, (precisamente na zona ocupada polo hospital que se derruba) deixando entre ambos os edificios un amplo espazo por onde se expón a nova conexión peonil entre as zonas da cidade antes illadas. Esta conexión peonil prodúcese a través de ramplas de suave pendente, axardinadas a ambos os dous lados O proxecto do Novo barrio da Residencia tamén contempla a construción do Centro Integral de Saúde de Lugo (nas instalacións do antigo Materno-Infantil) e no que a Xunta prevé investir 9 millóns de euros; a nova oficina central de emprego e formación, a aceleradora aeronáutica vinculada a Rozas e os servizos de climatización central común de biomasa.

Cómpre lembrar que os orzamentos da Xunta para 2019 de partidas orzamentarias específicas para acometer todos estes traballos.“A demolición deste inmenso volume edificado significa unha oportunidade


- Te recomendamos -