Inicio Galicia Feijóo enxalza o traballo dos empregados públicos, peza clave na estrutura, vertebración...

Feijóo enxalza o traballo dos empregados públicos, peza clave na estrutura, vertebración e crecemento ordenado da administración autonómica e da Galicia actual

0

Salienta o seu labor diario para achegar a Administración aos administrados e recorda que detrás dos proxectos de lei, decretos, normativas ou regulacións está o estudo, o traballo e as conclusións dos empregados públicos

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe, durante o acto do XXV aniversario da promoción de 1993 de funcionarios do Corpo Superior da Xunta, o traballo dos empregados públicos, “peza clave na estrutura, vertebración e crecemento ordenado da Administración autonómica e da Galicia actual”; en definitiva, peza clave na construción e a consolidación da nosa autonomía.

Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou o seu labor diario para achegar a Administración aos administrados e recordou que detrás dos proxectos de lei, decretos, normativas ou regulacións está o estudo, o traballo, as conclusións dos empregados públicos que lle dedicaron a súa formación e o seu tempo para darlles forma e facelos realidade.

Así mesmo, agradeceu o esforzo económico feito nos momentos de maior crise; “un gran esforzo que valoramos”, dixo, reiterando o compromiso de estender os incrementos retributivos en educación e en sanidade á administración xeral da comunidade autónoma para os próximos anos 2019-2021.

Leer más:  -Juan Díaz Villoslada será el candidato gallego en la lista de Sumar para las elecciones europeas-

O presidente do Executivo galego referiuse tamén ás ofertas de emprego público comprometidas e que xa se están a desenvolver, case 15.000 prazas entre 2017 e 2020, de xeito que haberá máis estabilidade ao cumprir o plan de estabilidade firmado cos sindicatos para reducir a taxa de temporalidade ao contorno do 7%. “E esperamos poder firmar un sistema de carreira profesional similar ao da sanidade", engadiu. 


- Te recomendamos -