Inicio Galicia A Xunta salienta que a Feira do Mel de Baleira busca poñer...

A Xunta salienta que a Feira do Mel de Baleira busca poñer en valor un produto da zona e ser punto de encontro para o sector

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na presentación da segunda edición da Feira do Mel da Montaña, que se celebrará esta fin de semana no concello de Baleira. Balseiro reafirmou o apoio da Administración autonómica a esta cita, que, segundo apuntou, busca poñer en valor un produto tradicional da zona e pretende ser punto de encontro para produtores de mel e outros produtos derivados da apicultura, tanto da Montaña luguesa como dos arredores.

Balseiro participou na presentación xunto co alcalde de Baleira, concelleiros e integrantes da xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais. A festa conta cun amplo programa de actividades durante dous días -sábado 10 e domingo 11 de novembro-.

A organización está a poñer énfase na xornada de mañá, cando está previsto un encontro de apicultores para abordar cuestións relacionadas coa sanidade apícola, clave para garantir unhas producións de calidade. A continuación terá lugar un magosto. A programación continuará o domingo coa apertura da feira, un obradoiro sobre loita contra a vespa velutina, unha exposición didáctica, talleres infantís de elaboracións con cera e un concurso de tapas, entre outras actividades.  

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" en Cerdedo-Cotobade

- Te recomendamos -