Inicio Galicia Feijóo destaca o traballo e a profesionalidade da Policía Autonómica en eidos...

Feijóo destaca o traballo e a profesionalidade da Policía Autonómica en eidos tan importantes como a violencia de xénero, os lumes e o furtivismo

0

Destaca o labor da Policía da Autonómica na loita contra a violencia de xénero, “unha lacra que hai que erradicar”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo e a profesionalidade da Policía Autonómica en eidos tan importantes como a loita contra a violencia de xénero, “unha lacra que hai que erradicar”, os incendios forestais, o furtivismo e os delitos contra o medio.

Durante o acto de toma de posesión do novo comisario xefe do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, Feijóo trasladou os mellores desexos ao comisario saínte, Silverio Blanco, e deu a benvida a Fernando Pico López, a quen lle transmitiu o desexo de todos os galegos de que este corpo siga sendo tan efectivo como ata agora, contribuíndo á seguridade e ao benestar na Comunidade.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego referiuse á especialización como un dos elementos clave que xustifica a existencia desta unidade e sobre a que se sustentan os seus éxitos.

Así mesmo, aproveitou este acto para facer fincapé na importancia da coordinación entre a Policía Nacional, a Garda Civil e a Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia, en eidos como a loita contra os lumes: “Pido a maior coordinación e o maior compromiso nos labores de investigación, seguimento e detención dos incendiarios”, dixo, destacando tamén o traballo conxunto das máis de 7000 persoas que, ano tras ano, traballan nos bosques galegos na loita contra os incendios.

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Nesta mesma liña, apelou tamén ao compromiso como sociedade para identificar e denunciar calquera actuación sospeitosa e poñela en coñecemento dos corpos e forzas de seguridade do Estado. 


- Te recomendamos -