Inicio Galicia Feijóo destaca o labor do Consello da Cultura Galega que constata que...

Feijóo destaca o labor do Consello da Cultura Galega que constata que Galicia esta unida por unha cultura afectiva que debate, reflexiona e achega

0

Ve no Consello da Cultura Galega un Pórtico institucional que forma parte da Galicia que edifica o seu autogoberno seguindo o seu propio modelo, de acordo co que somos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o labor do Consello da Cultura Galega que constata que Galicia está unida por unha cultura afectiva que, nesta institución, debate, reflexiona e achega valiosos elementos de análise sobre a nosa realidade cultural.

Durante o acto de toma de posesión da nova presidenta da institución, Rosario Álvarez, Feijóo aseverou ver neste Consello un Pórtico institucional que forma parte da Galicia que edifica o seu autogoberno seguindo o seu propio modelo, de acordo co que somos.“Cada creador da Galicia do século XXI ten ao redor seu un país que o apoia e admira, representado neste Parlamento da cultura galega”, dixo, aseverando que coa chegada de Rosario Álvarez Blanco á presidencia da institución está asegurada a vixencia da cultura dos afectos.“A súa man, visible ás veces e noutras invisible, está presente nos grandes fitos da cultura galega dos últimos anos. Universidade, Real Academia Galega, Instituto da Lingua Galega e este mesmo Consello, todos eles son, foron e serán escenarios que viron a forza da razón e o corazón desta muller en todos os ámbitos da nosa cultura, así como o seu sentido institucional e o seu espírito de equipo”, subliñou.

Leer más:  El PPdeG afirma que las críticas del PSdeG a las políticas de igualdad carecen de "credibilidad" después de la aprobación de la Ley del solo sí es sí

Así mesmo, destacou e agradeceu o traballo de Ramón Villares, “un grande historiador que fai historia con maiúsculas”, aseverou, resaltando o seu labor a prol da modernización da xestión cultural galega nesta institución.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego fixo fincapé en que a patria de afectos que somos axúdanos a sortear tanto o perigo do individualismo e o localismo, como a idea dun país ficticio que está por riba dos cidadáns.

Nesta mesma liña, subliñou que a Estratexia da Cultura Galega 2021 indícanos que imos polo mesmo camiño, cara a un reforzamento dos afectos patrios aos que se refire Villares.


- Te recomendamos -