Inicio Galicia Feijóo destaca a pesca como un sector estratéxico para Galicia que non...

Feijóo destaca a pesca como un sector estratéxico para Galicia que non se entendería sen as mulleres ?e por iso é xusto aumentar o seu liderado?

0

Lembra que a traballadora do mar en Galicia representa: o 75% dos profesionais que se dedican ao marisqueo a pé, o 84% dos profesionais de reparación e armado de redes e o 70% do persoal de fábricas transformadoras e conserveira

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a pesca como un sector estratéxico para Galicia que non se entendería sen as mulleres “e por iso –dixo- é xusto aumentar o seu liderado”, ao tempo que engadiu que é o momento de construír unha estratexia global en materia de igualdade no marco do Crecemento Azul, no que as mulleres tomaron un protagonismo especial.

Durante a celebración da I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca, Feijóo lembrou que a traballadora do mar en Galicia representa: o 5% do sector nacional da pesca extractiva; o 25% do sector nacional acuicultor –aproximadamente 1.500 mulleres-; e no sector galego, son o 75% dos profesionais que se dedican ao marisqueo a pé, o 84% dos profesionais de reparación e armado de redes e o 70% do persoal de fábricas transformadoras e conserveiras. Non obstante, na representación directiva do mar, tras a celebración das eleccións unificadas ás confrarías de pescadores, a muller perde peso como patroa maior, pero gáñao en cabidos e xuntas xerais ao aumentar o seu número de vogalías nun 56%.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta salientou a importancia da celebración deste foro para impulsar o diálogo e a posta en común de coñecementos sobre a situación da muller, para procurar compromisos ao seu favor no sector e para convertelo no punto de inflexión que conducirá á creación da Rede Internacional de Mulleres da Pesca que vele por unha estratexia global a favor da igualdade de oportunidades na pesca.“Quero aproveitar para agradecer o traballo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e de todas as asociacións sen as cales este encontro non sería posible”, dixo, referíndose, a modo de exemplo, ao traballo da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) que, desde o seu nacemento en 2016, xa aglutina a máis de 10.000 mulleres do mundo do mar en todo o país; ao labor da proxectos a nivel autonómico como Candieira, unha iniciativa de cooperación e traballo en rede entre diferentes zonas costeiras para mellorar a situación social e laboral da muller mariñeira, e na que participaron máis de 100 persoas. E, no ámbito internacional, a implicación da Fundación Mulleres por África para contribuír ao desenvolvemento do continente a través do apoio ás mulleres.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Logo de lembrar que o 47% das persoas que traballan en todo o mundo na pesca extractiva e en áreas de actividade vinculadas son mulleres -chegando ao 70% na acuicultura-, e que en todo o mundo son 56 millóns de mulleres traballando en toda a cadea de valor, Feijóo avogou por seguir traballando xuntos para, entre todos –administracións, organismos internacionais, entidades sectoriais e asociacións de mulleres- seguir loitando contra a desigualdade e seguir mellorando a realidade das mulleres do mar. “Para seguir impulsando o seu rol na pesca, fomentar o seu acceso a postos de liderado e, en definitiva, incentivar que aproveiten o seu potencial ao máximo”, abundou.


- Te recomendamos -