Inicio Galicia Os orzamentos de GAIN impulsarán o emprendemento innovador co programa Talento 2021...

Os orzamentos de GAIN impulsarán o emprendemento innovador co programa Talento 2021 para atraer 1500 profesionais a Galicia

0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou hoxe en Comisión parlamentaria os presupostos da súa área para 2019, que medran un 21% ata chegar a preto de 97M€

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou hoxe no Parlamento os eixos principais do Orzamento da súa área para 2019, que crecen un 21%, ata chegar aos preto de 97 millóns, co obxectivo de consolidar en Galicia un ecosistema de innovación aberta a todos os axentes e conectada coa industria. Para iso, as contas de Gain céntranse en impulsar o Polo Aeroespacial de Galicia, os Hubs de innovación dixital, a plataforma StartIn Galicia para apoiar o emprendemento innovador e o programa Talento 2021, así como a posta en marcha de novos incentivos fiscais á I+D+i.

Argerey salientou, en primeiro lugar, que no centro da política de innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria estará o programa Talento 2021 para xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i. A través desta iniciativa estímase unha mobilización de preto de 47 millóns. A Xunta destinará a este plan 6 millóns que inclúe, entre outras iniciativas, accións de formación ao máis alto nivel vencelladas á transferencia do coñecemento a través dun convenio de colaboración coa Fundación Barrié e para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas cun apoio de 200.000 euros.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

A través desta actuación tamén se prevé o reforzo de accións que xa están en marcha como o programa Ignicia, pioneiro a nivel do Estado, co que se está impulsando a transferencia do coñecemento e a través do que se apoiaron 18 proxectos e 64 postos de traballo de alta cualificación; o Principia, que xa ten permitido a 370 profesionais menores de 35 anos participar en labores de innovación; ou a convocatoria de axudas Talento Sénior para promover a contratación de profesionais, con máis de cinco anos de traxectoria en empresas e organismos de investigación cun incentivo de 64.000€. A nova iniciativa de Gain tamén inclúe o impulso do Oportunius -centrado na atracción e retención de investigadores excelentes, que ten facilitado a formación a máis dun cento de investigadores- e das axudas aos investigadores para desenvolver a súa carreira predoutoral e postdoutoral.

Con respecto á nova plataforma StartIn Galicia, Argerey destacou que ofrecerá un apoio integral a todos os proxectos emprendedores innovadores que se queiran poñer en marcha en Galicia, recordando que a través da Rede de aceleradoras impulsáronse xa preto de 900 proxectos. Así, a todos os apoios que xa existen neste eido sumaranse para fomentar a creación e o crecemento de empresas innovadoras novos incentivos fiscais autonómicos asociados ao IRPF que se están a desenvolver no marco da Lei de medidas fiscais e administrativas para 2019. O que se busca é aumentar a cota deducible no IRPF por investimento en entidades novas ou de recente creación que pasan do 20%, cun máximo de 4000€, ao 30%, ata 6000€, incluíndose un 15% adicional cun límite total de 9000€.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

A directora de Gain tamén sinalou que se ampliarán as entidades receptoras dos donativos que xeran dereito a dedución. Este programa de fomento dos incentivos fiscais tamén incluirá a realización de xornadas de información sobre o sistema fiscal e o programa ReAcciona Innovación con servizos de asesoramento ás pemes galegas na aplicación do sistema fiscal.

Con respecto aos Hubs de innovación dixital, apuntou que estes instrumentos continuarán desenvolvéndose para axudar a que os sectores estratéxicos e as empresas galegas con independencia do seu tamaño teñan un acceso máis sinxelo ás novas tecnoloxías dixitais e á innovación. Trátase dun novo marco de colaboración público-privada que está a promover a Comisión Europea co propósito de que os Hubs funcionen como unha xanela única e estean orientados a prestar servizos, priorizando tecnoloxías estratéxicas e disruptivas, transferindo coñecemento e facilitando o acceso ao financiamento.

Polo de RozasEn canto ao Polo Aeroespacial de Galicia indicou que volverá a ter un papel central, destinando 18,1 millóns de euros para o seu avance e consolidación. Lembrou que neste proxecto xa están traballando directamente 200 traballadores de alta cualificación grazas ao programa de I+D con Indra e Babcock e grazas ao programa de Solucións no que participan ata a data 8 consorcios formados por 16 empresas -o 75% galegas- e un centro tecnolóxico.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

En palabras de Argerey, grazas á aposta da Xunta pola compra pública innovadora pódense prestar servizos con maior eficiencia mediante o uso de drons. Así, en 2019 darase continuidade aos programas nos que se traballa de xeito directo con empresas e centros tecnolóxicos; desenvolveranse as obras dun novo parque industrial en Rozas; impulsarase a aceleradora Business Factory Aeronáutica que dará soporte a 19 compañías; e porase en marcha o novo Centro de Emprendemento en Lugo dedicado integramente ao sector aeroespacial e futura sede da aceleradora.

Outros apoios ás pemesA directora de Gain referiuse por último a outras iniciativas como as axudas do Innova Peme ou da Fábrica Intelixente, o programa de deseño para a innovación, as Unidades Mixtas de Investigación ou unha nova liña de apoios para fomentar a participación no programa H2020. Para rematar, Argerey afirmou que co Orzamento de 2019 Galicia contará cun mapa completo de recursos para seguir o camiño que conduce ao progreso económico a través da innovación con tres grandes retos: poñer en valor o coñecemento científico-tecnolóxico; mellorar a transferencia do coñecemento ás empresas; e procurar un maior retorno para o investimento que se realice para acadar un sistema de ciencia e innovación sustentable.


- Te recomendamos -