Inicio Galicia Feijóo constata que o sector vitivinícola galego goza de boa saúde e...

Feijóo constata que o sector vitivinícola galego goza de boa saúde e ten forza para afrontar os retos do futuro

0

As axudas ao Consello Regulador do Ribeiro superaron o pasado ano os 400.000 euros

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe na celebración do 50 aniversario das adegas Viña Costeira que o sector vitivinícola galego goza de boa saúde e ten forza para afrontar os retos do futuro.

Proba disto é que as cinco denominacións de orixe de viño galegas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) incrementaron as súas vendas un 7,5% na campaña 2016-2017. En concreto, esta porcentaxe sitúa á Comunidade galega tres puntos por riba da media española de crecemento, que se situou no 4,4%.

Estes datos son produto do traballo de adegas como Viña Costeira, que pertence á Denominación de Orixe do Ribeiro, a máis antiga de Galicia, e acaba de dar o salto a outra de gran importancia: a de Valdeorras. “Viña Costeira cumpre 50 anos, medio século recuperando a tradición vitivinícola desta terra, pero tamén modernizándoa”, subliñou o presidente da Xunta.

A continuación, Feijóo gabou o traballo desta empresa por combinar tradición e modernización e, ao mesmo tempo, xerar prosperidade na súa contorna. Nesta tarefa, afirmou, Viña Costeira seguirá contando co apoio da Consellería do Medio Rural. De feito, recordou que as axudas ao Consello Regulador do Ribeiro superaron o pasado ano os 400.000 euros. 

Leer más:  El exalcalde de Coristanco (A Coruña) ha sido confirmado en su inhabilitación por prevaricación por el Supremo

- Te recomendamos -