Inicio Galicia Feijóo avoga por seguir impulsando a promoción do peixe como un activo...

Feijóo avoga por seguir impulsando a promoción do peixe como un activo para a vida saudable e unha parte esencial da nosa cultura

0

Subliña que a Xunta conta con dous programas dirixidos aos máis novos: ‘O sabor da aventura está no mar’ e ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por seguir impulsando a promoción do peixe como un activo para a vida saudable e unha parte esencial da nosa cultura.

Para facelo, Feijóo recordou que a Xunta conta con dous programas dirixidos aos máis novos: O sabor da aventura está no mar, que busca transmitir aos escolares a importancia dos produtos do mar na dieta, afondar no coñecemento das especies, o papel dos consumidores á hora de preservar os recursos mariños, e a posta en valor das profesións do mar, chegando a máis de 50.000 nenos desde que se iniciou en 2010. E Ponlle as pilas ao teu bocata, unha iniciativa que alcanzou xa a máis de 65.000 nenos ao longo destes anos, ten como fin fomentar o consumo da conserva de produtos mariños entre a poboación de 5 a 14 anos, a través de talleres itinerantes en campamentos, centros escolares e actividades culturais.

Leer más:  El Tribunal Supremo confirma la pena de prisión permanente revisable para el individuo que mató a su sobrino de 3 años en Santiago

Nesta mesma liña, o titular da Xunta referiuse tamén á posta en marcha en 2016 do programa Do mar ao prato, destinado aos centros de ensino de hostalaría, no que os alumnos coñecen o produto desde unha perspectiva global: desde o hábitat das especies pesqueiras máis habituais en Galicia ata os pratos de consumo.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu na necesidade de profundar nas tendencias de consumo e novas canles de comercialización, na elaboración sustentable ou na diferenciación e revalorización da industria pesqueira galega. Non en van, este sector, ademais de ser un importante activo económico, como demostran as últimas cifras: coa comercialización de máis de 212.000 toneladas de produtos da pesca en 2017, cun volume de facturación de máis de 500 millóns de euros, en termos de descargas o pasado ano foi o mellor exercicio da serie histórica 2002-2017; é tamén un valor social, achegando beneficios para a saúde, no seu papel preventivo dalgunhas enfermidades como a obesidade infantil.

Leer más:  Invenergy, empresa estadounidense, tiene pensado instalar un parque eólico marino de 552 megavatios en las costas de A Coruña

O responsable do Executivo autonómico concluíu destacando a traxectoria de ARVI, unha institución que nos seus 50 anos de historia agrupa hoxe 160 membros e forma parte das principais entidades e institucións pesqueiras de carácter nacional e europeo, unindo esforzos no sector e falando con voz propia.


- Te recomendamos -