Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza

0

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 126,15 hectáreas, das cales 113,55 son de raso e o resto de arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 20,30 horas desta tarde quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza.

O lume iniciouse ás 17,54 horas do mércores e segundo as últimas medicións afectou unha superficie de 126,15 hectáreas, das cales 113,55 son de monte raso e o resto de arborado. Para extinguilo traballaron 2 técnicos, 38 axentes, 74 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

- Te recomendamos -