Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns

Extinguido o incendio forestal no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns

0

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 159 hectáreas, das cales 89 son de monte raso e 70 de arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no municipio pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns, deuse por extinguido ás 19,53 h. deste serán, tras comezar o domingo ás 18,17 h. da tarde.

Segundo as últimas estimacións, afectou 159 hectáreas, das cales 89 son de monte raso e as 70 restantes de arborado. Na súa extinción traballaron 3 técnicos, 20 axentes, 54 brigadas, 33 motobombas, 5 pas, 1 tractor, 10 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

- Te recomendamos -