Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Bruicedo

Extinguido o incendio forestal no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Bruicedo

0

Segundo as últimas estimacións, afect ou unha superficie de 25 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello lucense da Fonsagrada quedou extinguido ás 21,09 h. O lume iniciouse ás 08,07 h. de onte e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 25 hectáreas, 24 delas de monte raso e unha de arborado.

Para extinguir este incendio mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 38 brigadas, 13 motobombas, 3 pas e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Juan Carlos I no puede salir a navegar con el resto de la tripulación a bordo del 'Bribón' debido a la lluvia

- Te recomendamos -