Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que a mellora na ronda de María Emilia Casas...

Ethel Vázquez salienta que a mellora na ronda de María Emilia Casas Baamonde, en Monforte, cun investimento de 277.000 euros, favorece a mobilidade dos veciños e aumenta a súa seguridade

0

Vázquez Mourelle explica que nesta vía se construíron dúas glorietas para reducir as demoras no ramal de acceso ao Hospital Comarcal e favorecer os movementos cara á vía de altas prestacións que vai á capital da provincia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou que as obras na ronda de María Emilia Casas Baamonde, cun investimento de máis de 277.000 euros, supoñen a mellora da mobilidade e da seguridade viaria dos veciños de Monforte de Lemos.

Vázquez Mourelle explicou que as actuacións nesta vía, que se corresponde cun treito da estrada autonómica LU-664, consistiron na reordenación do tráfico en dúas interseccións para resolver os problemas de fluidez existentes.

A Xunta actuou sobre as dúas interseccións nas que conflúen as vías que dan acceso, polo sur, ao centro da cidade e ao Hospital Comarcal; e cara ao norte, á estrada provincial que conecta coa Vía de Altas Prestacións Nadela-Monforte. Para mellorar esta situación construíronse dúas novas glorietas.

Leer más:  Rueda acusa al PSOE de promover un "lavado de imagen" de los independentistas en Galicia y Cataluña

Trátase de dous puntos nos que se rexistra unha intensidade de tráfico considerable, entre 7.000 e 8.000 vehículos ao día, polo que resultaba preciso actuar para lograr que os movementos cara ao centro da cidade ou cara á vía de altas prestacións se poidan realizar en condicións de maior comodidade e seguridade.

As glorietas facilitan a circulación dos usuarios, permitindo cambiar de sentido e rectificar erros de destino con maior seguridade; e contribúen a dar fluidez ao tráfico, reducindo as demoras que se viñan dando no ramal de acceso ao Hospital Comarcal e favorecendo os movementos cara á vía de altas prestacións que comunica coa capital da provincia.

No marco deste proxecto, complementariamente á construción destas dúas rotondas, humanizouse o treito comprendido entre elas, habilitando beirarrúas pola marxe dereita, incidindo, polo tanto, tamén na mellora da seguridade viaria dos peóns.

Os traballos incluíron a mellora do firme e a colocación de luminarias led nos pasos peonís no ámbito da actuación, xunto coa reposición do sistema de drenaxe e da sinalización.

Leer más:  Encuentran muerto a un hombre flotando en una playa en Carballo (A Coruña)

A responsable de Infraestruturas precisou que este proxecto se enmarca na aposta do Goberno galego por manter a súa rede viaria en condicións cómodas e seguras para a condución. Neste sentido, adiantou que a Xunta seguirá mellorando as estradas autonómicas nesta contorna co Plan de reforzos de firme, obras que suporán un investimento aproximado de 1 M€ e que se prevén licitar o vindeiro ano.

Avanzou que a Xunta tamén está traballando na conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela- Sarria, concretamente no treito comprendido entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro, que beneficiará tamén aos veciños de Monforte. Concretou que os Orzamentos da consellería para 2019 reservan unha partida de 1 M€ para iniciar a contratación das obras.

Ethel Vázquez tamén lle solicitou hoxe ao alcalde de Monforte, José Tomé, a súa colaboración para demandarlle ao Ministerio de Fomento que emita o informe necesario para avanzar no proxecto do enlace do Porto Seco coa estrada N-120.


- Te recomendamos -