Inicio Galicia Ethel Vázquez avanza o comezo antes do vindeiro verán das obras da...

Ethel Vázquez avanza o comezo antes do vindeiro verán das obras da 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella de Ourense, que inclúe a mellora da zona da Capela dos Remedios

0

Vázquez Mourelle explica que este proxecto completa o de 2016, centrándose agora máis no contorno da ponte, aínda que prevendo tamén accións na mesma


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo, Manuel Vila, e o alcalde, Jesús Vázquez, presentou hoxe o proxecto da 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella, cuxas obras comezarán antes do vindeiro verán, incluíndo a mellora da zona da capela dos Remedios.

Vázquez Mourelle destacou que a Xunta está a achegar un investimento global de 1,5 millóns de euros na potenciación da Ponte Vella e todo o seu contorno, xa que aos traballos presentados hoxe, cun orzamento dalgo máis dun millón de euros, cómpre sumarlle o medio millón xa investido na 1ª fase.

Este proxecto está enmarcado na colaboración entre as consellerías de Infraestruturas e Mobilidade, a de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que posibilitou que en 2016, xa se levara a cabo a conservación e restauración da infraestrutura, así como a retirada da tubaxe que a cruzaba. Tamén se efectuou un cambio da iluminación, con luminarias led, de cara a realzar a monumentalidade da ponte vella e potenciar o seu atractivo turístico.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

Avanzou que agora se dá un paso máis avanzando na 2ª fase, tal como se tiña comprometido. Aínda que se farán traballos na ponte, actuarase máis sobre o contorno, coa mellora da zona da capela dos Remedios e o espazo inmediato coa Ponte Vella.

Liberarase a zona hoxe ocupada polo parque de skate, que se reconstruirá no barrio do Couto, para acadar un espazo amplo e aberto que sirva de antesala á capela e como conexión coa ponte e a oficina de turismo.

Ethel Vázquez indicou que se favorecerán as conexións peonís desde distintos puntos da cidade cara a este conxunto patrimonial, coidando o mobiliario e creando un espazo máis humano, pensado para o desfrute de veciños e turistas.

Concretou que se habilitará un miradoiro desde o que poder contemplar a Ponte Vella, o río Miño e todo o contorno da capela dos Remedios.

Salientou que estas accións permitirán realzar a monumentalidade da Ponte Vella e da capela dos Remedios, ao tempo que os amantes do skate contarán cun espazo propio para a práctica deste deporte, máis adaptado e mellor integrado no contorno urbano.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Subliñou que se trata dun conxunto de accións para lograr un espazo de continuidade que poida ser aproveitado polos veciños como lugar de desfrute e encontro, e tamén como punto de referencia obrigada para todos os turistas que se acheguen ata Ourense.

Fixo fincapé en que o río Miño e as pontes que o cruzan forman parte indisoluble da identidade e do potencial turístico desta cidade. Así, o Executivo autonómico tamén acometeu a renovación da Ponte do Milenio, actuando sobre a estrutura.


- Te recomendamos -