Inicio Galicia A Xunta investirá preto de 400.000 euros na remodelación da oficina de...

A Xunta investirá preto de 400.000 euros na remodelación da oficina de emprego de Ferrol-Esteiro

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en Ferrol o plan para acondicionar as dúas plantas do local

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en Ferrol as obras que comezarán nos próximos días na oficina de emprego Ferrol-Esteiro co obxectivo de mellorar as instalacións.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá na actuación preto de 400.000 euros co obxectivo de acondicionar o local nas dúas plantas, quedando na planta baixa o servizo destinado á Xunta e no semisoto o ocupado polo servizo estatal. O acondicionamento do local conlevará, entre outros, a mellora das carpinterías existentes, a substitución das ventás e a mellora da accesibilidade coa instalación dun ascensor adaptado ás persoas con mobilidade reducida que unirá as dúas plantas.

A actuación enmárcase no plan que está executando a Consellería de Economía, Emprego e Industria para modernizar o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e, deste xeito, facer máis accesibles os servizos que ofrece. Neste senso, Marnotes lembrou que os demandantes de emprego xa poden elixir a través da web https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion o curso que desexan realizar e o centro de formación onde queren desenvolvelo.

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

A persoa desempregada pode obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial. Na actualidade, o Plan galego de formación 2018-2019 conta cunha oferta de máis de 1100 cursos que permitirá que un total de 16.515 persoas sen emprego poidan elixir a súa cualificación.

Marnotes, así mesmo, explicou que a Xunta traballa nun novo modelo de orientación aberta, achegando o servizo aos usuarios e combinando accións presenciais e en liña, para o que está a facer unha importante aposta polo desenvolvemento das novas tecnoloxías.

A Xunta, así mesmo, está a potenciar a atención personalizada a empresas e a afondar na formación continua dos técnicos do propio Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), así como dos centros colaboradores. A finalidade última é mellorar o acceso dos galegos e galegas ao mercado de traballo.

Leer más:  La Audiencia rechaza suspender el juicio de la cocaína del Karar pese a la baja médica del principal testigo policial

O director xeral explicou que a mellora da orientación laboral cun enfoque a servizos e dirixida tanto a demandantes de emprego como ás empresas é un obxectivo prioritario da Axenda 20, a folla de ruta do Goberno galego en materia laboral.


- Te recomendamos -