Inicio Galicia ?Elisa e Marcela? ródase en Celanova co apoio da Xunta

?Elisa e Marcela? ródase en Celanova co apoio da Xunta

0


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta tarde a rodaxe do filme Elisa e Marcela, dirixido por Isabel Coixet, que nestes días se desenvolve na localidade ourensá de Celanova. A fita, producida pola galega Zenit Televisión, S.

A., conta co apoio da Consellería, 240.000 euros concedidos a través da convocatoria de subvención a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego na súa convocatoria de 2017. Trátase da liña de maior contía de todas as axudas públicas dirixidas ao sector do cinema e a Televisión en Galicia, que tamén conta con convocatorias anuais da Agadic para festivais e para impulsar o talento audiovisual, así como para o desenvolvemento de proxectos e para a promoción e difusión en certames de prestixio internacional celebrados fóra de Galicia.

Elisa e Marcela narra a historia da coñecida como a primeira voda homosexual en España, producido na Coruña en 1901, no que unha das cónxuxes, Marcela Gracia Ibeas, se fixo pasar por home para contraer matrimonio con Elisa Sánchez Loriga. Tras coñecerse a verdade, a parella viuse obrigada a fuxir. A día de hoxe descoñécese o desenlace da historia. 

Leer más:  La Policía Científica investigará las razones del incendio ocurrido en un vehículo dentro de un garaje en Culleredo (A Coruña)

- Te recomendamos -