Inicio Galicia Educación licita os contratos de 255 cafeterías dos centros de ensino públicos

Educación licita os contratos de 255 cafeterías dos centros de ensino públicos

0

Ademais da mellor relación calidade-prezo, nas ofertas valorarase tamén a oferta de produtos sen glute e lácteos de orixe galega


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de licitar os contratos de 255 cafeterías escolares en centros de ensino públicos. A licitación, que foi publicada no DOG ( https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180717/AnuncioG0164-110718-0005_gl.html) vén derivada da entrada en vigor da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, que categoriza os contratos de cafeterías escolares como servizos públicos, polo que é preciso executar unha licitación en aberto dos ditos servizos.

Deste xeito licítanse en aberto un total de 255 servizos de cafetería repartidos en catro lotes a razón de un por provincia, cun prazo de presentación de 26 días naturais contados a partir do pasado día 17, nos Rexistros Xerais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, en función da localización da cafetería escolar á que se presente oferta.

Para a adxudicación final de cada cafetería escolar valorarase a mellor relación calidade-prezo derivada do canón de explotación anual ofertado por enriba do obrigado no prego de cláusulas administrativas particulares da licitación e do abaratamento para os consumidores dos prezos dos artigos a servir consignados no prego de prescricións técnicas, así como a disposición permanente de produtos sen glute, a utilización de lácteos de orixe galego e a experiencia no sector do persoal adscrito aos contratos.

Leer más:  Juan Carlos I no participa en la regata de Sanxenxo y se reúne con la tripulación del 'Bribón' en el puerto deportivo

Os adxudicatarios das distintas cafeterías escolares virán obrigados ao pagamento dun canón anual de explotación fixado en cada caso, no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares, en función do horario diario e o número de usuarios de cada cafetería.

As distintas mesas de contratación das que consta este procedemento de licitación desenvolveranse nas catro Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, cada unha das cales valorará as ofertas presentadas e proporá ao órgano de contratación o posible adxudicatario de cada unha das cafeterías escolares existentes en cada provincia.

A duración destes contratos abranguerá o curso escolar 2018-2019, con posibilidade para a Administración Educativa de decidir a prórroga dos contratos para o curso escolar 2019-2020. 


- Te recomendamos -