Inicio Galicia Díaz Mouteira comproba as melloras tecnolóxicas realizadas pola adega ‘O luar do...

Díaz Mouteira comproba as melloras tecnolóxicas realizadas pola adega ‘O luar do Sil’ de Larouco

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense visitou esta industria que vén de ampliar a capacidade de depósitos ata os 200.000 litros actuais, grazas a unha achega de máis de 140.000 euros da Consellería do Medio Rural

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xefe territorial do Medio Rural, Yago Borrajo, visitouhoxe a adega O Luar do Sil, emprazada no concello de Larouco, unha das industrias beneficiadas o pasado ano pola orde de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que en total subvencionou 32 proxectos na provincia de Ourense por un valor de 2,8 millóns de euros e que supuxeron un investimento inducido de preto de 8 millóns de euros.

A convocatoria deste ano xa foi publicada no mes de xaneiro cuns fondos de 29,1 millóns de euros, cun aumento de case o 22% respecto ao exercicio anterior e chegará a mobilizar 173 millóns de euros en Galicia. Na actualidade está en tramitación.

A adega O Luar do Sil recibiu da Consellería do Medio Rural unha achega de máis de 140.000 euros para a súa mellora tecnolóxica que posibilitou a ampliación da capacidade dos seus depósitos en 80.000 litros máis, acadando así os 200.000 litros actuais.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Esta industria iniciou a súa actividade en 2014 con 33 traballadores e cunha capacidade de 120.000 litros. A súa produción de viño godello amparada no consello regulador da denominación de orixe Valdeorras cifrouse en 2016/17 en 107.770 botellas. Na actualidade dispón dun total de 147 parcelas cunha superficie de 13,22 hectáreas de viñedo, nas que recolecta o 43,37% da uva empregada para a elaboración dos seus viños, adquirindo o resto a produtores desta denominación vitivinícola. 


- Te recomendamos -