Inicio Galicia Cultura compromete apoio técnico e fondos para a rehabilitación do Parque do...

Cultura compromete apoio técnico e fondos para a rehabilitación do Parque do Pasatempo

0

O conselleiro Román Rodríguez trasladoulle o apoio ao alcalde de Betanzos neste “proxecto técnico moi ambicioso”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladoulle ao alcalde de Betanzos, Ramón García, o compromiso da Xunta de Galicia para participar na rehabilitación do Parque do Pasatempo. En concreto, o titular do departamento de Cultura do Goberno galego explicou que a Dirección xeral do Patrimonio Cultural participará na elaboración técnica do proxecto.

A maiores, e nunha segunda fase de rehabilitación do ben, a Consellería achegará unha contía económica ao Concello –pendente de determinar– co fin de axudar na súa recuperación, tendo en conta que se trata dun “proxecto técnico moi ambicioso”, segundo destacou o conselleiro. Deste xeito, Xunta e Concello avaliarán de forma conxunta as necesidades e, a partir de aí, buscarán liñas de financiamento, como poden ser os fondos vinculados co 1,5% Cultural unha vez se declare BIC.

Cómpre resaltar que, co obxectivo de garantir a súa protección e conservación futura, a Xunta está tramitando o expediente para declarar ben de interese cultural (BIC), coa categoría de xardín histórico, o Parque do Pasatempo de Betanzos. Nestes momentos estanse valorando as alegacións presentadas.

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

O expediente propón como ámbito BIC unha extensión de 10.184 m2, incluíndo os dous únicos elementos da parte baixa do parque que se conservan no seu lugar orixinal, nomeadamente a estatua da Caridade e a fonte das Catro Estacións. En concreto a delimitación axústase á parcela física na que se asenta a parte alta do parque, en base á cartografía máis detallada posible, que foi facilitada polo Concello de Betanzos.

Un exemplo de filantropíaO emigrante betanceiro Juan María García Naveira comezou a adquirir os terreos do Pasatempo no ano 1883 e iniciou a súa construción 10 anos despois. A maior parte do parque estaba construída no ano 1914, porén continuouse ampliando e modificando ata o ano 1933, cando morreu o seu promotor, do que algún autor deduce que o parque é unha obra inacabada, na que non se remataron as dúas últimas terrazas.

O xardín é un exemplo representativo da tradición filantrópica galega e, concretamente, da que desenvolveron os indianos ao seu regreso de América a finais do século XIX e principios do XX.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

Neste sentido destaca o seu modo de construción, dando emprego a obreiros locais, así como a función pública e, sobre todo, a finalidade didáctica deste espazo. Non en balde, o Pasatempo é un dos primeiros exemplos de proxectos con vocación científica que podemos atopar en Galicia, no que por primeira vez se amosan certos avances técnicos que ían caracterizar o século XX, o que lle valeu a denominación de Parque Enciclopédico.

Valor cultural singularAdemais, o espazo conta cuns singulares valores culturais, derivados dun considerable número de manifestacións pictóricas e escultóricas –de desigual valor–, representativas do eclecticismo dos movementos artísticos de finais do século XIX, un compendio de disciplinas artísticas que acolle tamén mostras dunha arquitectura exótica. O propio expediente indica que o feito de que numerosos elementos do Parque sexan copias, máis ou menos literais, de obras da arte universal non lles resta valor, “xa que a maioría das veces hai unha reinterpretación dos modelos, con modificacións que lle outorgan unha lectura local, ou con cambios de materiais, que lle engaden novos significados e valor artístico”.É preciso, en calquera caso, salientar tamén a especial relevancia do complexo significado das esculturas dos Irmáns García Naveira e da Caridade, o que constitúe un conxunto de elementos pictóricos e escultóricos único e de especial relevancia na historia da arte plástica galega.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -