Inicio Galicia Pontevedra Cores Tourís visitou a firma hidroeléctrica de Silleda para coñecer a súa...

Cores Tourís visitou a firma hidroeléctrica de Silleda para coñecer a súa estratexia inversora no Deza e en Tabeirós

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a labor deste tipo de empresas que colaboran en potenciar o subministro eléctrico nas parroquias dignificando así a vida no rural

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a empresa Eléctrica de Silleda para coñecer a súa estratexia inversora no municipio do Deza.Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, e pola xerente da empresa, Cristina Sánchez Conde, quen destacou que os plans de investimento desta empresa para o presente ano atópanse en fase de desenvolvemento e comprenden novas instalación de media e baixa tensión en Siador, Silleda e Barrabaite.

Esta firma silledense, en estreita colaboración coa Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, continuará a intensificar no presente ano os seus investimentos, especialmente no caso da futura liña de alta tensión 66KV, que xa se atopa moi avanzada en canto a súa tramitación e que conta cun orzamento de 404.000 euros.

Segundo apuntaron os responsables da empresa, esta nova liña podería ser unha realidade a finais deste ano. Por outra banda, este ano acaba de entrar en funcionamento a nova rede da estrada de Vilanova-Tanatorio en Margaride.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Finalmente, ao longo de 2018, Hidroeléctrica de Silleda continuará a desenvolver infraestrutura de telexestión de contadores fixos nestas comarcas por un montante de 326.607 euros.

A empresa puxo en marcha no pasado 2017 varias actuacións, relativas á reforma e ampliación de potencias, en parroquias de tres concellos: Silleda, Forcarei e A Estrada.Deste xeito, en Silleda, ampliou o centro de transformación de Fontefría, así como de Igrexa-Cervaña e de San Miguel no lugar de Ponte. Ademais en Silleda tamén instalou reguladores de Tensión en A Cabana, en Moalde.

Por outra banda, tamén reformou e ampliou de potencia a 75 kVA do centro de transformación situado en Andón (Aciveiro) en Forcarei, así como tamén incrementou a potencia do centro de Somoza-Olives en A Estrada.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, destacou “a boa labor” desenrolada por Électrica de Silleda, matizando que “dende a administración autónoma queremos apostar por dignificar e mellorar a vida no rural, por eso apostamos por este tipo de empresas que colaboran en potenciar o subministro eléctrico nas parroquias”.“

Leer más:  Detenido en A Illa (Pontevedra) el supuesto autor del crimen a cuchilladas de su cuñado en Vilagarcía

Non podemos esquecer que esta firma, en estreita colaboración coa Xefatura Territorial de Economía e Industria, veu executando distintas obras de desenvolvemento das infraestruturas eléctricas da zona directamente encamiñadas á mellora da calidade do subministro eléctrico”, explicou o delegado territorial.


- Te recomendamos -