Inicio Galicia Ángeles Vázquez: “A PAC inxectou máis de 2.600 millóns de euros no...

Ángeles Vázquez: “A PAC inxectou máis de 2.600 millóns de euros no agro galego en dez anos e por iso é clave manter este esforzo”

0

Na clausura dunhas xornadas monográficas, a conselleira do Medio Rural avogou polo mantemento das axudas europeas para apoiar as rendas agrarias e para asegurar a adecuada contribución dos agricultores ao coidado do medio ambiente e á loita contra o cambio climático

A Política Agrícola Común (PAC) inxectou máis de 2.600 millóns de euros no sector agrogandeiro galego ao longo dos últimos dez anos. Por iso, para a nosa comunidade “é de vital importancia” manter o orzamento actual dunha PAC estruturada en dous piares, “que permita soster un tecido rural vivo e activo, para asegurar a adecuada contribución dos agricultores ao mantemento do medio ambiente e á loita contra o cambio climático”. Así o defendeu hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na clausura da xornada sobre a repercusión da nova PAC en Galicia, organizada pola Xunta e na que participaron diferentes expertos nacionais e internacionais.Foi o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o encargado de inaugurar o foro, no que tamén tomaron a palabra Carlos Martín Óvilo por parte da Comisión Europea, César Cortes en representación do Consello da UE e Carlos Cabanas, en calidade de secretario xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama).Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural fixo especial fincapé na necesidade dunha PAC forte máis alá do 2020, tendo en conta a súa contribución ao mantemento das rendas agrarias, algo polo que –dixo– “as axudas directas son indispensables”. Por tanto, engadiu, a nova reforma destas políticas debe manter o impulso definido con anterioridade, pero tendo en conta toda a experiencia acumulada. Avogou tamén por “unha simplificación destas achegas, non só nos procedementos de tramitación, senón tamén na normativa existente”. Ángeles Vázquez lembrou ademais que a futura PAC ten que contemplar as singularidades de Galicia, tales como a dispersión dos seus habitantes no rural, que compromete a prestación de servizos básicos aos seus residentes.Aprender da experienciaCara a vindeira reforma da PAC, a conselleira defendeu unha resolución dos problemas existentes detectados durante a súa aplicación ata o de agora, tendo en conta a experiencia acumulada. A modo de exemplo, dixo que na actual reforma definíronse conceptos como o de agricultor activo ou o de actividade agraria que resultaron complexos na práctica e concretáronse nunha alta carga administrativa. No caso específico de Galicia, sinalou que o exceso de parcelación das explotacións e o gran número de parcelas repercute directamente na execución dos pagos aos solicitantes de axuda, cun custe excesivo, ao ter que poñer en práctica controis telemáticos. Dende este punto de vista, cualificou como “interesante que os sistemas de declaración e control das superficies sexan estables no tempo e con criterios claros para garantir unha mellor efectividade”, xa que, engadiu, “de manterse a idea de 2013 de chegar a un pago uniforme por hectárea, atopariámonos cunha redución das axudas do pago básico”. Este aspecto, dixo, “é especialmente importante no sector lácteo e da gandaría extensiva, que en Galicia seguen sendo ámbitos ligados á terra”.Ángeles Vázquez reiterou que a nosa comunidade ten unha clara vocación gandeira, especialmente no sector leiteiro, xa que somos a primeira potencia española e a novena europea, con máis do 50% das explotacións de todo o Estado. E tamén cun sector vacún de carne que conta co maior número de explotacións con vacas nutrices, que dependen en gran medida das axudas da PAC para a súa sustentabilidade.Ademais, salientou que en Galicia a maioría das solicitantes de achegas son mulleres (un 57% das persoas físicas, fronte á media estatal do 35%), polo que a PAC tamén representa unha ferramenta para promover a igualdade de xénero no medio rural. E puxo en valor estes fondos europeos pola súa contribución a que Galicia sexa hoxe en día unha rexión europea produtora de alimentos de calidade.Avogou, así mesmo, porque a PAC siga favorecendo o apoio á incorporación dos mozos á actividade agraria favorecendo a remuda xeracional, sen esquecernos –matizou– “de seguir consolidando as explotacións existentes”. Neste punto apostou por impulsar sociedades nas que se incorporen os agricultores novos, “dunha forma menos restritiva á definida actualmente pola normativa”.Sector forestalA conselleira falou ademais da importancia do noso sector forestal, incidindo na condición da nosa comunidade de primeira potencial española e novena europea. Neste sentido, avanzou que se está a finalizar a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia, que tamén concorda coas políticas europeas na procura dun modelo de agricultura sustentable e centrado na preservación do medio ambiente. Así, advertiu que os montes galegos son o maior sumidoiro de carbono e que fixaron máis de 93 millóns de toneladas de CO2, prevéndose que cada ano se incremente esta cifra noutras seis toneladas, segundo o borrador do devandito plan forestal. 

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -