Inicio Galicia Cores Tourís analiza coa asociación O Batuqueiro de Cambados a instalación de...

Cores Tourís analiza coa asociación O Batuqueiro de Cambados a instalación de semáforos en Vilariño

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, trasladoulles que a Axencia de Infraestruturas está xa a redactar o proxecto desta obra


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da asociación O Batuqueiro de Cambados sobre a súa demanda de instalación de semáforos no cruce do Sineiro.

Os veciños acudiron a esta reunión acompañados de Luis Aragunde, e na mesma estivo tamén presente Fausto Núñez, xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra.

Os membros desta asociación trasladaron a necesidade da instalación destes semáforos no Sineiro, xa que se trata dunha intersección en curva complicada que enlaza cunha estrada de subida cara a igrexa e o colexio, así como con outra vía que vía que vai cara a Barrantes.

A elevada presenza de peóns neste entorno, onde tamén existen numerosos locais comerciais, fai necesaria, segundo a asociación O Batuqueiro, dun sistema que regule o tráfico rodado para gañar en seguridade viaria.

Dende a Axencia de Infraestruturas en Pontevedra trasladóuselles que os técnicos xa comprobaron a necesidade de instalación destes semáforos, polo que xa se puxo en marcha a realización do proxecto de cara a súa próxima execución. 

Leer más:  La Federación Amigos del Camino de Santiago confía en el proyecto de Altri y solicita no "un impacto neutro, sino positivo"

- Te recomendamos -