Inicio Galicia Conde destaca que o coworking do Salnés ofrece á comarca novas oportunidades...

Conde destaca que o coworking do Salnés ofrece á comarca novas oportunidades para seguir medrando no turismo e a alimentación

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe o demoday desta iniciativa na que participan 21 proxectos Asegura que se desenvolverán outras dúas edicións deste coworking, polo que ao final axudará a un total de 200 emprendedores no desenvolvemento de 60 proxectos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, durante a clausura do demoday do coworking do Salnés, que a comarca ten novas oportunidades para seguir medrando nos sectores do turismo e da alimentación.

Cunha participación de 21 proxectos, este espazo especializouse nestes sectores estratéxicos da economía na zona facilitando asesoramento e formación aos emprendedores para madurar as súas ideas de negocio. Xunto co coworking de San Cibrao das Viñas, especializado en madeira, foi unha das novidades da segunda edición desta iniciativa. Conde avanzou que se van desenvolver entre 2018 e 2019 outras dúas convocatorias máis no Salnés, o que permitirá apoiar a un total de 60 proxectos empresariais de 200 emprendedores.

Tal e como explicou o conselleiro, o coworking forma parte desta rede que en Galicia, grazas á colaboración da Xunta e da Escola de Organización Industrial (EOI), xa ten permitido consolidar 303 proxectos promovidos por 370 emprendedores galegos. Estas iniciativas contribúen a dinamizar a economía e emprego dos concellos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e fixar poboación.

Leer más:  David Trueba, María Vázquez y The Rapants participarán en la XXI edición del Festival de Cans, que contará con 35 estrenos este año

Conde asegurou que estes espazos xeran o clima de confianza preciso para poñer en marcha un negocio á vez que se fomenta o traballo colaborativo, superando a eiva de emprender en solitario.

Na súa intervención, o conselleiro lembrou o compromiso da Xunta co emprendemento e sinalou o seu importante papel na consolidación da recuperación económica na Comunidade. Neste sentido, insistiu en que o Goberno galego busca ser unha administración facilitadora con medidas como as que se recollen na Lei de implantación empresarial e que, coa colaboración dos Concellos Emprendedores, permitirán outorgar máis simplificación administrativa, máis facilidades ao acceso ao solo e mellor fiscalidade ás empresas que se implanten neles.

Finalmente apelou ao traballo conxunto do tecido empresarial e da Administración para que Galicia siga medrando, creando emprego de calidade e gañando en competitividade. 


- Te recomendamos -