Inicio Galicia Balseiro asina con cinco concellos lucenses os convenios para sufragar o 50...

Balseiro asina con cinco concellos lucenses os convenios para sufragar o 50 por cento dos custos que lles xeraron os incendios e outubro

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo lembra que tanto a Deputación como o Goberno central comprometéronse a financiar a outra metade dos gastos

Lugo, 13 de agosto de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asinou hoxe os convenios de colaboración con cinco concellos lucenses para sufragar os custos que lles xeraron os incendios do pasado mes de outubro.

A Xunta materializa así o seu compromiso cos concellos de Castro de Rei, Cervantes, Negueira de Muñiz, As Nogais e Pantón, todos os que o solicitaron en tempo e forma ao abeiro do disposto no Decreto de Medidas urxentes para a reparación de danos aprobado en outubro do 2017, uns días despois de que se rexistraran os lumes.

En conxunto, os cinco concellos declararon gastos por importe de 26.609, 06 euros, dos que a Xunta achega 13.304,53 euros. Por parte dos concellos asistiron á sinatura dos convenios os alcaldes: Francisco Javier Balado (Castro de Rei), Benigno Gómez (Cervantes), José Manuel Braña (Negueira de Muñiz), Jesús Manuel Núñez (As Nogais) e José Luis Álvarez (Pantón).

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

Esta era unha das liñas de axudas incluídas na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios, cuxo orzamento ascendeu a 13,2 millóns de euros. A este orzamento hai que sumar os 9,8 millóns de euros investidos pola Xunta en actuacións directas en distintos ámbitos: nos montes e estradas afectadas, ou nos parques naturaisBalseiro subliñou que a Xunta “cumpre destes xeito o compromiso adquirido cos concellos afectados polos lumes, achegando a porcentaxe acordada, o 50 por cento, a todos os que o solicitaron conforme ao establecido na convocatoria”.

No mesmo sentido, lembrou que tanto a Deputación Provincial como o Goberno central comprometéronse coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a financiar o outro 50 por cento, e instou aos alcaldes de Cervantes e de Negueira de Muñiz a “esixir destas administracións a mesma dilixencia que lle teñen esixido publicamente á Xunta en distintas ocasións para que fixera efectivas estas axudas”.

O financiamento da Administración autonómica, que achega a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, está dirixido a sufragar tanto os custos da actuación dos concellos na extinción dos lumes como os danos que estes puideron causar en infraestruturas e servizos municipais.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

- Te recomendamos -