Inicio Galicia As obras de reforzo na estrada OU-602, no concello da Rúa, obrigan...

As obras de reforzo na estrada OU-602, no concello da Rúa, obrigan ao desvío provisional do tráfico este luns e martes

0

Con vista a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello, e a OU-933

As obras de reformo de firme que a Xunta está a executar desde a pasada semana na estrada autonómica OU-602, no Concello da Rúa, obrigarán ao desvío provisional do tráfico rodado o próximo luns e martes, días 23 e 24 de xullo.

Esta estrada de 0,5 quilómetros de lonxitude recorre A Rúa e conecta a OU-533 con Fontei. Con vista a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello ourensá e na que a semana pasada se realizaron xa actuacións no firme, e a estrada OU-933.

O detalle do percorrido alternativa, que se sinalizará convenientemente, amósase no seguinte plano: Esta intervención forma parte das actuación programadas de rehabilitación do firme en cinco estradas autonómicas da comarca de Valdeorras, e nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto de 583.000 euros.

As estradas obxecto deste contrato desenvólvense polos Concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco, e as obras están sendo acometidas pola empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

A.

As intervencións na comarca de ValdeorrasSalientar que as actuacións programadas polo departamento de infraestruturas da Xunta comezaron polas dúas estradas do Concello da Rúa. En concreto a intervención permitirá arranxar a capa de rodadura na estrada OU-602, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. E tamén na estrada OU-603, entre o punto quilométrico 0 e 3+630.

Na estrada autonómica OU-622 se mellorará a pavimentación, entre os puntos quilométricos 0 e o 21+940, nos Concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras.

Outra vía obxecto deste contrato é a OU-636, ao seu paso polos Concellos de Petín e Larouco, no tramo entre os puntos quilométricos 19+800 e 21+140. As obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura da estrada OU-637, entre o punto quilométrico 0+035 e 1+120.

Plan de reforzos de firmesCoa execución deste tipo de traballos, o departamento de Infraestruturas da Xunta continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros. 

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

- Te recomendamos -