Inicio Galicia Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por darlle valor engadido ao...

Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por darlle valor engadido ao leite galego coa súa transformación industrial

0

A conselleira do Medio Rural explicou que a Xunta impulsa estes procesos con axudas ao sector agroalimentario por valor de 52 millóns de euros e o 20% dos proxectos apoiados corresponden ao ámbito leiteiro


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe a importancia de dotar de valor engadido á produción láctea galega mediante a súa transformación, que permite darlle saída ao leite máis alá da súa venda en crú. Explicou que a Xunta impulsa estes procesos e por iso ven de poñer a disposición do sector un total de 52 millóns de euros que apoiarán os investimentos das industrias agroalimentarias en transformación e o 20% destes proxectos corresponden ao sector leiteiro. Estes fondos permitirán, engadiu, a mobilización en dous anos de 200 millóns de euros na nosa comunidade.

A conselleira fixo estas reflexións na presentación en Arzúa do queixo Galmesano, na que salientou que se trata dun produto novidoso, curado e con peculiaridades que ata o de agora non se contemplaban nesta zona de produción de leite. Amosou, por iso, o seu convencemento de que “se fará un oco no mercado”.Ángeles Vázquez felicitou os promotores desta iniciativa “por apostar polo rural”, asentándose nunha comarca de interior, así como por crear emprego (sete postos de traballo directos e outros 25 indirectos, dos gandeiros aos que recolle leite) e puxo en valor o gran volume de leite que lle subministrarán estes produtores da contorna.

Leer más:  El hombre que se atrincheró en su casa de Carballo tras disparar a otro el pasado miércoles ha sido enviado a prisión sin fianza

A titular de Medio Rural recordou que Galicia é líder de produción de leite no conxunto do territorio nacional, con preto do 40% da produción, o que supón unhas 225.000 toneladas ao mes e que este sector aporta ao PIB galego un total de 815 millóns de euros. Advertiu que, con estas cifras, “está claro que temos un gran potencial, e debemos explotalo”, tal como fan industrias como Galmesano e outras, caso de Goodleit en Curtis, Entrepinares en Vilalba ou Leche Celta en Pontedeume.


- Te recomendamos -