Inicio Galicia Ángeles Vázquez e Belén Cachafeiro analizan a demanda actual de vivenda no...

Ángeles Vázquez e Belén Cachafeiro analizan a demanda actual de vivenda no concello de Forcarei

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abordou a posibilidade de recuperar novas vivendas a través do programa para a rehabilitación de vivendas de mestres


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, mantiveron un encontro de traballo, no que analizaron a demanda actual de vivenda neste concello da provincia de Pontevedra. Durante o encontro, a responsable de Vivenda do Goberno galego trasladoulle as distintas liñas de actuación do departamento que dirixe en materia de rehabilitación de vivendas, como o programa Rexurbe ou o programa para a rehabilitación de vivendas de mestres.

A alcaldesa trasladoulle o seu interese polo programa para a rehabilitación de vivendas de mestres. Vázquez Mejuto indicoulle que se trata dunha iniciativa que se iniciou en 2017, tras constatar que os pequenos concellos dispoñían en ocasións de inmobles da súa propiedade en desuso e que se podían acondicionar como vivendas con investimentos relativamente pequenos. Ao longo de 2019 o IGVS disporá de 1,6 millóns de euros para a posta en marcha de actuacións ao abeiro deste programa.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

A conselleira de Medio Ambiente amosou a súa máxima disposición a traballar da man do Goberno municipal para poder atender a súa demanda e lembrou que precisamente as políticas en materia de vivenda son unha ferramenta moi efectiva á hora de lograr a dinamización do medio rural e de fixar poboación nos concellos máis pequenos.  


- Te recomendamos -