Inicio Galicia Miranda invita á Casa de Galicia de Ondarroa a seguir a deixar...

Miranda invita á Casa de Galicia de Ondarroa a seguir a deixar a súa pegada no País Vasco coa celebración do seu medio século de vida

0

O secretario xeral da Emigración anima á Irmandade Galega de Centros Galegos en Euskadi a converterse en referente do traballo dentro de toda a comunidade


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou á Casa de Galicia de Ondarroa a aproveitar a celebración do seu primeiro século de vida, que terá lugar o vindeiro ano, para seguir a deixar a súa pegada no País Vasco. O responsable do departamento autonómico trasladoulle este desexo ao presidente do centro, Armindo Peso Peso, durante o encontro que mantiveron na sede da Secretaría da capital galega. A xuntanza tamén serviu para amosar o compromiso do Goberno galego cos centros galegos espallados pola xeografía española, e nomeadamente co situado en Biscaia e coa programación deseñada para conmemorar os seus cincuenta anos de historia.

Miranda quixo facer extensiva a invitación a todas as entidades galegas desta comunidade autónoma a seguir traballando de xeito conxunto baixo o paraugas da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi para converterse nun referente cultural e social de toda a comunidade e a continuar coa intensa axenda de actividades cos que difunden a cultura e o irmanamento de todos os galegos do País Vasco.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Unha “prolongación de Galicia en Euskadi”A Casa de Galicia de Ondarroa fundouse en 1969 co obxectivo de “crear unha prolongación de Galicia en Euskadi, irmanando a galegos e non galegos residentes na Comunidade Autónoma Vasca, desenvolver a compenetración e coñecemento de todas as nacionalidades e rexións do estado español con Galicia e desta con aquelas, prestando atención preferente ás relacións con Euskadi, ao ser esta Comunidade Autónoma o seu ámbito territorial, e manter lazos culturais, sociais e económicos con Galicia, as súas xentes, a súa historia, a súa cultura e o seu idioma, o galego”, entre outros. Desde entón, este centro non cesou no seu empeño por levar Galicia ao corazón de Biscaia.

Dos 41.978 galegos que residen no País Vasco, 26.309 fanno na provincia de Bizkaia, 10.516 na de Guipúscoa e 5.153 na de Álava. Por provincias de orixe, A Coruña e Ourense son as zonas de procedencia de máis da metade dos galegos de Euskadi, con 14.045 e 11.823, respectivamente, seguidas de Lugo, con 9.083, e Pontevedra, con 7.027.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -