Inicio Galicia Almuiña destaca o papel do sector farmacéutico para acadar unha sanidade máis...

Almuiña destaca o papel do sector farmacéutico para acadar unha sanidade máis accesible á cidadanía

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remarcou hoxe, no acto de celebración do centenario do Colexio de Farmacéuticos de Ourense, “a importancia do sector farmacéutico, e de que funcione como peza complementaria do servizo público de saúde para alcanzar unha sanidade máis accesible á cidadanía”.

Destacou, tamén, a colaboración que, de forma permanente, o seu departamento mantén cos colexios farmacéuticos de Galicia, en temas como a receita electrónica, no que, a nosa Comunidade, foi pioneira, “e tamén polas achegas que fixeron ao anteproxecto de Lei de Ordenación Farmacéutica, que actualizará a regulación das farmacias galegas para adaptalas aos cambios normativos dos últimos anos e á nova realidade social”.

Entre as novidades que introducirá a nova Lei, o conselleiro destacou “a axilización dos concursos públicos para as novas farmacias; a regulación da venda de produtos sanitarios por Internet; e a introdución da posibilidade da atención farmacéutica a domicilio”.

Tal e como remarcou Almuiña, o obxecto desta Lei “é a regulación da atención farmacéutica en Galicia, entendida como un servizo de interese público que comprende un conxunto de actuacións que deben prestarse en todos os niveis do noso sistema sanitario”. As actuacións deben dirixirse, -dixo-, “a garantirlle á cidadanía o acceso rápido, eficaz, oportuno, equitativo e racional aos medicamentos e produtos sanitarios que precise”.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Unha atención farmacéutica que, -segundo o conselleiro-, “contribúa a facer un uso racional e eficiente dos medicamentos, e que sempre deberá ser prestado baixo a responsabilidade e supervisión dos profesionais farmacéuticos”.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego amosou a predisposición da Consellería de Sanidade “a seguir colaborando no futuro en proxectos conxuntos coa fin de proporcionar, entre todos, a mellor asistencia sanitaria posible a todos os galegos”.

Traballo e entregaAlmuiña remarcou “o traballo e entrega á profesión que caracteriza aos boticarios e sobre todo aos ourensáns, que exercen a súa actividade nunha terra con máis de 80 concellos de menos de 5.000 habitantes, coa poboación máis anciá de Galicia, que fai especialmente valiosa a súa aportación como sanitarios garantes do bo uso do medicamento”. Ao respecto dixo que “exercen a súa profesión sabendo que son unha peza fundamental dentro do noso sistema sanitario”.

Como parte activa deste patrimonio colectivo que representa a sanidade pública, “estou seguro que compartides cos profesionais sanitarios e coa Administración autonómica a responsabilidade de facer efectivo o dereito á saúde que nos asiste como cidadáns e, por conseguinte, o permanente reto de incrementar o alcande do noso sistema sanitario”. 

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

- Te recomendamos -