Inicio Galicia A Xunta traslada ao comité de empresa de Alcoa na Coruña o...

A Xunta traslada ao comité de empresa de Alcoa na Coruña o seu apoio e o compromiso na defensa dos seus dereitos

0

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuníronse esta mañá cos traballadores da factoría coruñesa

A Coruña, 19 de outubro de 2018.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuníronse esta mañá co comité de empresa de Alcoa na Coruña ao que trasladaron o apoio do Goberno galego e o seu compromiso na defensa do mantemento tanto da actividade industrial como do emprego nesta factoría.

No encontro, o presidente insistiu na necesidade de establecer unha unidade de acción con Asturias para trasladar ao Goberno central non só a preocupación ante a situación, senón a necesidade de buscar unha solución urxente. Tal e como subliñou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, os traballadores tanto da Coruña como de Avilés “saben que contan con todo o apoio e o compromiso da Xunta para afrontar esta situación de dificultade na que temos que traballar e sempre coa colaboración entre as dúas administracións autonómicas e os comités de empresa”.

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

No transcurso da reunión acordouse actuar nunha dobre dirección: solicitar a Alcoa que levante o expediente de regulación de emprego para que se sente a negociar cos traballadores e abrir unha vía de diálogo e, de xeito simultáneo, instar ao Goberno a que traballe nun marco eléctrico estable e coñecido de cara a 2019 que dea certeza e credibilidade ás empresas. Neste sentido, o Goberno central non estableceu aínda ese mecanismo que é preciso fixar para o sistema de interrumpibilidade en 2019. Na Xunta non se comprende nin se acepta a decisión da empresa: “Levamos dez anos traballando e ata agora sempre encontramos solucións”, asegurou o conselleiro quen explicou que sempre se chegou a unha solución que permitiu manter a actividade industrial e que é o Goberno central quen debe dar esa resposta.

Tras a reunión desta mañá, o presidente da Xunta viaxa esta tarde a Asturias para reunirse co seu homólogo do Principado, Javier Fernández, e fixar a folla de ruta que se debe seguir da man dos traballadores. Ambos os dous encontros amosan que Galicia e Asturias ofrecen a súa man tendida ao Goberno central para acadar unha solución e poder corrixir esta situación que pon en perigo 700 postos de traballo e unha importante actividade industrial. 

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

- Te recomendamos -