Inicio Galicia A Xunta subirá por enriba dos 15 millóns de euros a contía...

A Xunta subirá por enriba dos 15 millóns de euros a contía da orde de axudas a entidades sociais na nova convocatoria

0

Coa próxima orde para o período 2018-2020 que se está a elaborar, o Goberno galego triplicará nos últimos tres exercicios o importe das axudas ás entidades que loitan contra as desigualdades a pé de rúa

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, avanzou hoxe durante unha comparecencia parlamentaria que o seu departamento autonómico está a tramitar unha nova convocatoria da orde de axudas a entidades sociais que subirá outra vez o seu importe ata acadar os 15,1 millóns de euros e que abarcará actuacións de inclusión realizadas entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2020. Así pois, con esta nova orde a Xunta de Galicia terá triplicado o importe das axudas para entidades sociais nos últimos tres exercicios, pasando dos 5,2 millóns de euros da convocatoria de 2015-2016 aos máis dos 15 previsto na nova orde que nestes momentos se está a elaborar.

Na súa intervención, Rey Varela enxalzou o labor das entidades sociais e a súa contribución ao fortalecemento da rede de benestar coa que conta a nosa comunidade, a cal permite prestar apoio ás persoas e familias que máis o precisan. Ao respecto, apuntou que nestes momentos a Administración autonómica facilita recursos económicos a 122 entidades sociais das catro provincias, a través da orde de axudas que hoxe está vixente cun crédito de algo máis de 10 millóns de euros para as accións e programas que as entidades leven a cabo ao longo das anualidades de 2017 e 2018.

Leer más:  Dos personas mueren después de un accidente entre dos autos en Ordes (A Coruña)

Nesta liña, o conselleiro asegurou que o Goberno galego seguirá traballando en prol da inclusión a través dunha tripla perspectiva: apoiando a aquelas organizacións que loitan contra a pobreza e a desigualdade a pé de rúa e ao carón dos que máis sofren, destinando en cada convocatoria unha maior partida económica á orde de axudas a entidades sociais e dando novos impulsos á Axenda Social Única de Galicia, como ferramenta de colaboración e coordinación entre administracións e coas propias entidades para facer fronte a situacións de exclusión.

Por último, Rey Varela destacou o progresivo incremento que teñen experimentado os fondos públicos dirixidos a políticas activas de inclusión social desde a creación da Consellería de Política Social en 2015. De feito, no presente ano de 2018 os orzamentos autonómicos recollen 115,2 millóns de euros para esta área do executivo, 30 millóns máis que fai tres exercicios, o que supón un incremento acumulado do 35% neste período de tempo. 


- Te recomendamos -