Inicio Galicia A Xunta salienta en Vilamarín a aposta de Maderas Rubén por impulsar...

A Xunta salienta en Vilamarín a aposta de Maderas Rubén por impulsar o uso da madeira no sector da construción

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou hoxe a compañía, especializada na fabricación de estruturas deste material para cubertas, forxados e muros


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou hoxe na súa visita á empresa de Vilamarín (Ourense) Maderas Rubén a aposta desta compañía por impulsar o uso da madeira no sector da construción. Tal e como salientou Ignacio Lema, esta é unha das liñas de traballo de Xera, que busca así incrementar o valor do produto final da cadea forestal e contribuír á creación de emprego de calidade no rural galego.

Na súa visita á empresa, especializada na fabricación de estruturas de madeira para cubertas, forxados e muros en construcións como naves, edificios e vivendas unifamiliares, Ignacio Lema destacou que Maderas Rubén está implicada na innovación do sector. De feito, colabora de xeito habitual co CIS Madeira, dependente da Xunta, a través da participación en xornadas de divulgación, ademais de servir de modelo para outras empresas e institucións en ámbitos como a realización de cubertas e rehabilitación de edificacións tradicionais empregando a madeira. Ademais, Maderas Rubén, que emprega a 15 persoas, traballa con produtos con cadea de custodia certificada cos principais certificadores a nivel mundial, FSC (Consello de Administración Forestal) e PEFC (Asociación para a Certificación Española Forestal).

Leer más:  Rueda considera estudiar la derogación del decreto lingüístico en busca de pactos: "No se descarta nada en absoluto"

O impulso á innovación e á modernización no sector é un dos eixos da actuación da Axencia Galega da Industria Forestal. Hoxe mesmo publícase no DOG a resolución de axudas para favorecer a realización de investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento e comercialización de produtos, con axudas por 8,1 millóns de euros que facilitarán o investimento de 27,5 millóns de euros.

Benefícianse un total de 87 pemes e autónomos, que investirán na adquisición de maquinaria e instalacións para a primeira transformación da madeira; equipos tractocargadores, autocargadores, procesadores e outros equipos de saca de madeira; e outra maquinaria forestal, ou equipamentos en infraestruturas.

As axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, contribuirán á consolidación das pequenas e medianas empresas que conforman este ámbito industrial, o que lles permitirá gañar en competitividade e apostar por novos procesos de produción. Estes apoios contribuirán, ademais, á creación de 84 postos de traballo nas empresas beneficiarias. 

Leer más:  Tres detenidos en Portugal y más 1.000 kilos de cocaína intervenidos en los puertos de Sines y Vigo

- Te recomendamos -