Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso por construír unha Galicia inclusiva coas...

A Xunta reitera o seu compromiso por construír unha Galicia inclusiva coas persoas con diversidade funcional

0

Está recollido nos 106 millóns de euros que se destinan á área de discapacidade nos orzamentos de 2019, un 63% máis que hai nove anos

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, reiterou o compromiso da Xunta coas persoas de capacidades diferentes para construír “unha Galicia inclusiva, unha Galicia de todos e todas e para todos e todas”, subliñou. Fíxoo durante a súa intervención no XII Seminario Discapacidade Intelectual e Saúde mental que tivo lugar hoxe na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta iniciativa organizada por Fademga Plena Inclusión Galicia reuniu a profesionais de diferentes campos para dar a coñecer as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou o desenvolvemento con grandes necesidades de apoio, que presentan trastornos mentais ou alteracións de conductas. Desta maneira, procuran fomentar as vías de colaboración entre os axentes sociais e as administracións e promover un foro de reflexión e debate sobre a atención das persoas con diversidade funcional. Así, o programa de actividades estivo formado por dous relatorios na xornada matutina e tres obradoiros simultáneos pola tarde.

Leer más:  Unidad para transferir medios de gestión del litoral, mejoras en el transporte ferroviario y la anulación de la prórroga de la AP9

Pola súa parte, Ildefonso de la Campa gabou o traballo de Fademga en xeral e felicitouno pola consolidación desta iniciativa que xa alcanzou a duodécima edición. Nesta liña, garantiu a continuidade do apoio da Xunta á entidade e ao resto de colectivos que actúan neste ámbito na procura de avanzar na mellora da calidade de vida das persoas con distintas capacidades. Este compromiso está recollido nos 106 millóns de euros que se destinan a área de discapacidade nos orzamentos de 2019, un 63% máis que hai nove anos. 


- Te recomendamos -