Inicio Galicia A Xunta prevé que as obras do CAPD de Ourense estean en...

A Xunta prevé que as obras do CAPD de Ourense estean en licitación na primeira metade de 2019

0

Nos Orzamentos do vindeiro ano recóllese unha partida específica para a construción deste centros

A Xunta de Galicia recorda que a previsión coa que se traballa é que as obras do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense poidan estar en licitación na primeira metade de 2019, sempre e cando non existan recursos que dilaten o procedemento de contratación.

A tramitación do centro está a seguir o procedemento previsto: adxudicouse o anteproxecto ao gañador do concurso de ideas (o estudo Iglesias Veiga Arquitectos), a resolución publicouse na plataforma de contratación e, seguindo os prazos legais, o contrato de redacción do proxecto formalizarase a mediados de decembro.

O estudo de arquitectura dispón de tres meses e medio para redactar o proxecto, polo que a súa licitación se producirá na primeira metade de 2019. Antes de que remate o ano comezarán as obras do CAPD, para o que xa se contempla unha partida específica nos Orzamentos. O centro disporá de 100 prazas de atención especializada a persoas con discapacidade.  

Leer más:  Millán Mon solicita el apoyo en O Carballiño y destaca la labor realizada por el PP en Europa

- Te recomendamos -