Inicio Galicia A Xunta reforza a seguridade dos xulgados de Betanzos con novas cámaras...

A Xunta reforza a seguridade dos xulgados de Betanzos con novas cámaras e sistemas de gravación

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe as instalacións para comprobar as melloras realizadas

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do xuíz decano, Roberto Barba, visitou hoxe os xulgados de Betanzos para coñecer de primeira man as melloras acometidas pola Xunta para mellorar a seguridade destas instalacións.

En concreto, instaláronse 12 novas cámaras, 2 monitores, 1 gravador, dous discos duros, un Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI) e todo o equipamento necesario para que funcione correctamente.

Esta instalación de novos sistemas de vixilancia inscríbese nun Plan de reforzo e mellora da seguridade dos edificios xudiciais de Galicia, que abordou na súa primeira fase a instalación de sistemas vixilancia nos edificios xudiciais das cidades, e naqueles partidos xudiciais que conta cun número maior de órganos.

A partir de 2019, abordaranse novos investimentos nos edificios restantes e iniciarase, de modo escalonado, a instalación de escáners e arcos detectores nos edificios que carecen deles.

A Xunta está a realizar un esforzo moi importante para mellorar os recursos que están a disposición da Administración de Xustiza en Galicia. Así, en 2010 aprobou un ambicioso Plan de infraestruturas xudiciais, que supuxo o investimento de preto de 100 millóns de euros para acometer tanto grandes proxectos como outras obras, de menor magnitude, pero moi relevantes de cara a mellora das instalacións.

Leer más:  El gobierno tiene planeado inaugurar a finales de año el tramo de la autovía A-54 que conecta Melide con Palas de Rei, ambos en la provincia de Lugo y Santiago

Agora, o Goberno galego está a completar este Plan cun proxecto de renovación do mobiliario, que ten previsto un investimento duns 5 millóns de euros entre 2019 e 2021; e co proxecto de mellora da seguridade nos edificios xudiciais, que inclúe actuacións como a visitada hoxe en Betanzos.


- Te recomendamos -