Inicio Galicia A Xunta recupera a área natural de Vilarbó no concello das Pontes...

A Xunta recupera a área natural de Vilarbó no concello das Pontes con participantes nun campo de traballo

0

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe aos 18 mozos e mozas procedentes de Galicia, doutras comunidades e de Rusia e México que forman parte desta actividade enmarcada na Campaña de Verán 2018

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, pasou parte da xornada de hoxe cos participantes no campo de traballo internacional que se está a celebrar na área natural de Vilarbó, pertencente ao municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez. Esta actividade, enmarcada na Campaña de Verán 2018, congrega a un grupo de 18 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que comparten experiencias desde o pasado día 19 e ata o vindeiro día 30 nesta contorna natural situada na cola do embalse da Ribeira, no río Eume, e nas inmediacións do Parque Natural das Fragas do EumeCecilia Vázquez destacou a variedade de comunidades e países de procedencia dos participantes nesta acción, na que conviven 14 españois naturais de Galicia, Madrid, Asturias, Estremadura, Aragón, Logroño, Castela-A Mancha e Valencia; 2 mexicanos e 2 rusos. Ademais, explicou que o obxectivo deste campo de traballo “é a conservación e a recuperación das fragas que se atopan xunto ao río Eume, así como a divulgación das fragas atlánticas para que as xeracións futuras poidan gozar dunha paisaxe e unha riqueza de biodiversidade polo menos tan boa ou mellor a que nós herdamos”.

Leer más:  La Cámara gallega solicita al Estado que reconozca a la Guardia Civil y Policía Nacional como profesiones de riesgo

O plan de traballo consiste na limpeza e mantemento dunha área da fraga de Vilarbó, plantación e rega de árbores, limpeza das beiras do río Eume, traballos de acondicionamento dos arredores das instalacións e mantemento do propio campo co tratamento da madeira de forrado dos bungalows. Ademais, os participantes realizan un serie de actividades complementarias encamiñadas a coñecer o contorno no que se desenvolve o campo e a cultura galega. Así, están programadas excursións, obradoiros de artesanía e de medio ambiente, e actividades de animación e deportivas (fútbol, voleibol, tiro con arco, hóckey, tiro con carabina, paintball, canoa ou trekking, entre outras).

A directora xeral de Xuventude destacou a importancia dos campos de traballo como ferramenta de educación non formal, xa que “engloban experiencias de participación, de voluntariado”. Ao respecto, engadiu que “son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de forma altruísta e solidaria, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade e, neste caso, o noso privilexiado contorno mediaoambiental”.

Nesta liña, apuntou que “tamén promoven a participación e implicación da xuventude, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal, ademais de fomentar a mobilidade, pois ofrecen aos mozos a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades e países e viceversa”.

Leer más:  Galicia insta al Gobierno a reformar el sistema de financiación de las Comunidades Autónomas para lograr una prestación equitativa de servicios

A través da Campaña de Verán 2018, os campos de traballo poñen a disposición 925 prazas nesta tempada estival para mozos e mozas galegos, do resto de comunidades autónomas e do estranxeiro, así como para voluntarios procedentes da Galicia exterior. Así mesmo, os rapaces e rapazas da nosa comunidade poderán asistir a campos de traballo noutras rexións de España e en países como Francia, Alemaña, Bélxica, Italia, Grecia, Países Baixos, República Checa, Estonia, Letonia, Serbia, Ucraína, Islandia, Rusia, Turquía e incluso de fóra de Europa como Armenia, Camboia, China, Filipinas, Hong-Kong, Xapón, Corea do Sur, Taiwán, Nepal India e México.

Galicia conta nesta campaña cun total de 28 campos de traballo nos que os participantes realizan tarefas de tipo medioambiental, arqueolóxicas, de restauración, culturais e patrimoniais, audiovisuais e labores propias da organización dun festival. Os campos de traballo forman parte da Campaña de Verán ‘Vive a túa aventura”, na que se ofertan un total de 9870 prazas, 298 máis que na anterior edición. A Xunta inviste 3,2 millóns de euros –un 8% máis respecto ao orzamento de 2017- neste programa que segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, ademais dun recurso de conciliación estival e de ocio educativo de primeiro nivel. 

Leer más:  Encuentran el cadáver de una mujer junto a un riachuelo en Carral (A Coruña)

- Te recomendamos -