Inicio Galicia A Xunta recibe o autobús da Rede europea de rendas mínimas que...

A Xunta recibe o autobús da Rede europea de rendas mínimas que busca mellorar os sistemas de ingresos mínimos existentes

0

O vehículo está a percorrer diferentes países co obxectivo de lograr que estas axudas sexan adecuadas, accesibles e que promovan a participación da poboación

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, recibiu esta mañá o autobús informativo da Rede europea de rendas mínimas (EMIN), que percorrerá os países da Unión Europea ata finais de xuño realizando actividades de información, sensibilización e incidencia en múltiples cidades baixo o lema “Ninguén merece menos. Todas nos beneficiamos”. EAPN Galicia participa nesta rede coordinada por EAPN Europa e que conta con financiamento europeo.

O obxectivo é lograr que os sistemas de rendas mínimas sexan adecuados, accesibles e que promovan a participación da poboación e lles faciliten o acceso a servizos de calidade e a emprego inclusivo. O director xeral destacou que desde a Xunta “compartimos a finalidade deste proxecto, en canto supón avanzar na mellora dos sistemas de ingresos mínimos existentes, incrementando os niveis de cobertura e loitando de forma eficaz en favor da inclusión social das persoas”.

Así mesmo, a Administración autonómica comparte a vontade de difundir ante a sociedade a importancia das políticas de inclusión social e, en particular dos sistemas de rendas mínimas, para tratar de erradicar os prexuízos e o descoñecemento que aínda pode existir.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Durante a súa intervención, destacou que Galicia conta coa Renda de inclusión social (Risga), unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen carece deles, así como a conseguir progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral.

O director xeral lembrou que na actualidade, o seu departamento está a tramitar o decreto que desenvolve a Lei de inclusión social de Galicia e que suporá a mellora das contías e da cobertura da Risga. Neste sentido, cómpre destacar que nos últimos tempos tamén se produciron melloras no que respecta aos tempos de tramitación, impulsadas polo reforzo de traballadores nos servizos sociais comunitarios. Así mesmo, o plano económico tamén recibiu impulso ao incrementarse o orzamento destinado a esta axuda nos últimos anos.

Todas estas melloras e a nova Lei de inclusión social teñen en conta a opinión dos axentes sociais implicados, como EAPN.

En paralelo á estancia do autobús, que está emprazado no parque da Alameda, hoxe tivo lugar o seminario Cara unha renda mínima garantida, no que participou un técnico da D.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

X. de Inclusión Social, e que estivo dirixido a técnicos, profesionais de servizos sociais e persoas perceptoras.


- Te recomendamos -