Inicio Galicia A Xunta publica no DOG a aprobación definitiva do proxecto de construción...

A Xunta publica no DOG a aprobación definitiva do proxecto de construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, en Tui, cun investimento de máis de 316.000 euros

0

O proxecto ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no p.q. 1+900 da estrada autonómica Guillarei – A Rañada (PO-404), pola que se accede á depuradora e á praia fluvial

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, na estrada PO-404, no Concello de Tui, cun investimento de máis de 316.000 euros.

En concreto, o proxecto a executar pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no p.q. 1+900 da estrada autonómica Guillarei – A Rañada (PO-404), pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.

A intersección actualmente ten visibilidade reducida, polo que non se permiten os xiros para os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui cara á vía de acceso á depuradora, polo que a construción da glorieta mellorará a seguridade viaria nese punto e servirá para permitir todos os xiros no cruzamento.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

A glorieta terá un diámetro exterior de 32 metros e deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á depuradora. Para isto, na marxe dereita, construirase un carril bici de 2,5 m e unha senda de 2 m , que prolongarán a infraestrutura existente.

As obras compleméntanse coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta.


- Te recomendamos -