Inicio Galicia As obras de estabilización dun noiro na PO-542, á altura de Bora,...

As obras de estabilización dun noiro na PO-542, á altura de Bora, concello de Pontevedra, obrigan a cortes intermitentes de tráfico o mércores día 2, entre as 8 da mañá e as dúas da tarde

0

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inviste 67.000 euros para mellorar a estabilidade do muro e evitar desprendementos no p.q. 1+600 desta estrada

As obras de estabilización dun noiro no p.q. 1+600 da PO-542, en Bora, no Concello de Pontevedra obrigarán a efectuar cortes intermitentes de tráfico o mércores día 2, entre as 8 da mañá e as dúas da tarde.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no marco das intervencións de conservación das estradas autonómicas, iniciou o pasado día 9 de marzo unha actuación para mellorar a estabilidade e evitar desprendementos do noiro existente no citado punto da PO-542, en Bora, cun investimento de 67.000 euros.

Esta actuación no noiro, de lonxitude aproximada de 60 metros e 11 metros de altura, consiste na colocación de cables e malla de tripla torsión para protección, e na execución de bulóns.

No transcurso das obras, delimitouse a zona de actuación con barreras plásticas provisionais, permitindo de modo xeral o tráfico polos dous carrís. Sen embargo, o mércores, día 2 de maio, a colocación da maquinaria para a intervención na cimentación de cabeza do noiro esixe o corte dun carril, polo que se dará paso alternativo con regulación semafórica polo outro carril. 

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

- Te recomendamos -