Inicio Galicia A Xunta de Galicia promove a innovación e a creatividade na moda...

A Xunta de Galicia promove a innovación e a creatividade na moda a través do certame ?Xuventude Crea?

0

A exposición, que estará habilitada ata o 9 de decembro, contén seis coleccións compostas por cinco pezas cada unha


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia) a exposición das coleccións finalistas da especialidade de moda do programa ‘Xuventude Crea’ que estarán expostas ata o 9 de decembro.

Trátase de seis coleccións que están compostas por cinco pezas cada unha delas e que foron confeccionadas por cadansúa autora: Onix de Irene Gómez Rodríguez (Crecente); Tzarevich de Anabel Santos Leites (Cangas); WA de Noelia Tojeiro Ramil (As Pontes); Brain 84 de Cristina Nieto Riveiro (A Coruña); New rules 2.0 de Andrea González Lozoya (Vigo); e Deja las líneas correr de Patricia Crujeiras Besada (Cangas).

Pola súa parte, Cecilia Vázquez subliñou que iniciativas como Xuventude Crea “serven para incrementar as posibilidades dos novos valores da arte galega”, posto que este programa facilita un espazo no que as mozas e mozos poden exercitar as súas habilidades, poñer en marcha os seus proxectos innovadores, impulsar a súa posible proxección e inserción profesional futura.

Leer más:  La Xunta afirma que el impacto del fallo del TC sobre construcciones ilegales en la costa será "mínimo"

Ademais disto, sinalou que “debemos seguir facilitando programas, medios e recursos para facer emerxer o talento, a imaxinación e a creatividade, virtudes propias da nosa mocidade”. Por iso, a Xunta segue a impulsar o programa Xuventude Crea, que se consolida ano a ano como a principal mostra da creatividade xuvenil en Galicia e no que participan directamente máis de 350 mozos e mozas.

Por último, a directora xeral destacou a aposta do Goberno galego pola creatividade xuvenil “como fórmula para avanzar na capacidade para afrontar novos retos e responder ás oportunidades”, ao tempo que subliñou estar convencida de que “os mozos e mozas galegos teñen unha enorme capacidade para chegar a solucións innovadoras a través da súa creatividade”.


- Te recomendamos -