Inicio Galicia A Xunta presenta a campaña do día internacional contra a violencia...

A Xunta presenta a campaña do día internacional contra a violencia de xénero baixo o lema ?Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. Non?

0

120

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, explicou hoxe en rolda de prensa os detalles desta campaña, que busca implicar a toda a sociedade  na loita contra esta lacra


120

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2018.-  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña institucional para o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro.  Nesta edición, o lema da campaña terá unha mensaxe,clara e directa “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”, e emitiranse uns 60 spots en Televisión de Galicia e preto de 500 cuñas en todas as radios galegas. Publicaranse 31 anuncios na prensa e máis de dos millóns de banners e a maiores, haberá  un centenar de vallas por toda Galicia. Serán distribuídos, por todas as vilas e cidades de Galicia 40.000 carteis en locais comerciais, de hostalería, edificios e centros públicos, concellos, centros de saúde, xulgados e centros educativos.  Con este lema, a Xunta quere decirlle  NON a todas a formas de violencia de xénero que están recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e que se recollen no seu artigo 3: Violencia física, Violencia psicolóxica, Violencia económica, Violencia sexual e abusos sexuais, Acoso sexual, e a  trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.  A campaña rematará o próximo 25 de novembro, data na que terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da andaina “Camiño ao respecto”, que sairá   dende o Monte do Gozo ás 11:00 horas ata a Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra da violencia de xénero, aproximadamente ás 12:30 horas.  Na súa intervención, López Abella recordou que o compromiso contra a violencia de xénero debe estenderse aos 365 días do ano, e que é preciso seguir sensibilizando a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.  O goberno galego porá en marcha durante estes meses accións que abranguen todos os ámbitos de actuación na loita contra a violencia de xénero e na atención ás mulleres vítimas e aos seus fillos e fillas, no ámbito educativo, universitario, deportivo, veciñal, asociativo, rural, así como nos distintos sectores profesionais e sociais e nas entidades locais de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre