Inicio Galicia GaliciaLe consolídase como plataforma de préstamo de publicacións electrónicas e conta xa...

GaliciaLe consolídase como plataforma de préstamo de publicacións electrónicas e conta xa con máis de 4100 usuarios

0

A colección está composta por 2494 títulos aos que teñen acceso os inscritos na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A plataforma de préstamo de libros e revistas en formato electrónico GaliciaLe cumpre catro anos facilitando o acceso de toda a cidadanía á cultura en calquera momento e lugar a través de internet, ofrecendo un amplo catálogo de libros, revistas e películas en formato electrónico. Trátase dun servizo consolidado entre os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, tanto polo número de préstamos como polo número de persoas que fan uso do mesmo.

No que vai de ano xa se superou o número de préstamos con respecto ao total do ano pasado, rexistrando un incremento de preto do 50% e situándose esta cifra nas 24.356 publicacións prestadas. Cómpre destacar que no 2015 –primeiro ano completo desde a posta en funcionamento do servizo- o número de préstamos situábase nos 13.218, o que se traduce nun incremento superior ao 84%. Así mesmo experimenta unha evolución positiva o número de lectores, pasando dos 3117 no ano 2015 aos 4123 na actualidade, o que supón un incremento do 27%.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

A colección dispoñible está constituída por 2494 títulos (o 91% son libros electrónicos) e con periodicidade incorpóranse novos títulos e formatos que comprenden tanto novidades editoriais como clásicos da literatura, así como obras en catalán, éuscaro ou portugués entre outras linguas. GaliciaLe caracterízase pola súa diversidade, aglutinando diversas temáticas como ciencia, literatura, tecnoloxía, historia ou filosofía entre outras, cunha distribución de 1938 títulos de ficción e 556 de non ficción. A heteroxeneidade do catálogo tamén se materializa na variedade do público ao que se dirixe, de xeito que 2049 títulos están destinados a persoas adultas e os 445 restantes a público infantil e xuvenil.

As películas representan o 3% da colección e neste 2018 incorporáronse 77 títulos de produtoras galegas ou nas que participan produtoras galegas.

Ao longo destes catro anos, a Xunta de Galicia levou a cabo diversas accións para potenciar e promocionar GaliciaLe como a campaña de difusión A biblioteca vai contigo e o incremento do orzamento destinado á adquisición de títulos e un maior número de licenzas, de xeito que máis lectores poidan acceder a unha mesma obra simultaneamente.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

- Te recomendamos -