Inicio Galicia A Xunta pon en valor o impulso de Galicia cara un novo...

A Xunta pon en valor o impulso de Galicia cara un novo modelo de formación para o emprego dual e flexible

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Vigo na presentación dun informe sobre a formación para o emprego en España


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Vigo na presentación do informe A formación para o emprego en España: propostas para consolidar un sistema de calidade, eficiente, competitivo e profesionalizado, elaborado polo ex ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez.

Marnotes puxo en valor o impulso que a Administración autonómica está a darlle en Galicia a un novo modelo de formación para o emprego dual -que combina a cualificación e prácticas laborais- flexible e adaptado ás necesidades que está requirindo a dixitalización da industria.

O director xeral destacou na presentación que a formación para o emprego é clave para incrementar as oportunidades laborais e dar, polo tanto, un pulo á economía. Sinalou a importancia da colaboración institucional neste eido indicando que para que calquera rexión poda ter un futuro os traballadores necesitan estar formados, un proceso que ten que ser continuo. “É o principal capital no que temos que traballar, a formación, para que se abran novas oportunidades”, engadiu.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

O director xeral, ademais, indicou a necesidade da capacitación nas novas tecnoloxías para cubrir os postos laborais que actualmente demanda o mercado de traballo. Segundo subliñou, Galicia ten que estar preparada para operar en contornos cada vez máis tecnolóxicos polo que, canto maior sexa a formación neste eido, maiores serán as oportunidades para atopar un emprego. “Temos que ser conscientes da necesidade de actualizar a formación para o emprego anticipando novas tendencias nos sectores estratéxicos”, subliñou.

Neste ámbito, o Plan galego de formación 2018-2019 permitirá que 16.500 persoas sen emprego poidan formarse elixindo, por primeira vez, a acción formativa e o centro. Así mesmo, os alumnos e alumnas poderán saber o custe da formación que a Xunta financia ao 100%. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través dun orzamento de preto de 48 millóns de euros –un 13,4% máis que a pasada convocatoria- porá en marcha unha oferta de máis de 1100 cursos que se impartirán nas catro provincias galegas e nos principais sectores da economía galega.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Nesta web ofrecerase información sobre os diferentes cursos: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

Ademais do Plan galego de formación, Marnotes puxo en valor a aposta da Xunta por atender os perfís profesionais que están demandando as empresas con iniciativas como os obradoiros de emprego, os programas integrados ou as Unidades Formativas nas Empresas. Tamén referiuse aos programas de formación sectoriais do naval, da automoción e do forestal.

Para rematar, sinalou que adecuar os perfís profesionais ás necesidades reais das empresas impulsa o emprego estable e de calidade, o obxectivo principal do Goberno galego en materia laboral. Coa Axenda 20, a Administración autonómica está impulsando a mellora do mercado de traballo contribuíndo con esta planificación a reducir as cifras do desemprego en Galicia.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

VII Encontro transfronteirizoO director xeral de Orientación e Promoción Laboral participou tamén esta mañá en Tui no VII Encontro de oficinas de emprego fronteirizas Galicia-Norte de Portugal. A Xunta, como socio da rede Eures transfronteirizo, destacou a importancia de seguir traballando e colaborando entre as administracións públicas para continuar mellorando a empregabilidade da Eurorrexión. Neste senso, sinalou a necesidade de dotar ás oficinas de emprego fronteirizas das ferramentas necesarias para dar unha resposta áxil e axeitada tanto a empresarios como a demandantes de emprego.

Marnotes, así mesmo, avogou por estender os servizos da rede Eures a todas as oficinas de emprego fronteirizas e salientou a aposta da Xunta por un modelo baseado nunha orientación laboral aberta, abrindo novas vías de relación a través das TIC, reducindo a burocracia e poñendo en valor o coñecemento interno.


- Te recomendamos -