Inicio Galicia Conde adianta que a primeira convocatoria da nova aceleradora aeronáutica se lanzará...

Conde adianta que a primeira convocatoria da nova aceleradora aeronáutica se lanzará o próximo mes de novembro

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala na presentación en Lugo da iniciativa que esta contribuirá a xerar proxectos de innovación cos que poñer o tecido industrial galego do sector no mapa internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe na presentación da nova aceleradora do sector aeronáutico que a primeira convocatoria para captar proxectos para esta iniciativa pioneira en Galicia se lanzará o próximo mes de novembro.

Na súa intervención, Conde apuntou que a posta en marcha da primeira aceleradora do sector aeronáutico, xunto co desenvolvemento tamén na provincia de Lugo do polo aeroespacial de Rozas, demostra que se trata dun sector que conta cun gran potencial de crecemento. O conselleiro sinalou que para lograr o impulso definitivo neste ámbito cómpre aliñar todos os esforzos, xerando proxectos de innovación cos que poñer no mapa internacional a industria aeronáutica galega.

Neste sentido, remarcou que desde a iniciativa pública e privada se pode crear un ecosistema de innovación que dea valor engadido aos sectores estratéxicos da industria galega, polo que agradeceu a colaboración a Indra e Babcock, ao CTAG, á Fundación CEL e ás empresas e centros tecnolóxicos que colaboran na primeira edición da aceleradora aeronáutica por apoiar á Xunta no proxecto.

Leer más:  Abren una cuenta para apoyar a la familia del empleado fallecido en un accidente laboral en A Mariña

A iniciativa que hoxe se presentou vai ser a incubadora-aceleradora do sector aeronáutico que prevé o investimento máis cuantioso por proxecto, non só en España, senón en toda Europa. Cada unha das edicións constará de varias fases: a convocatoria, a selección de proxectos, o apoio ás empresas seleccionadas cunha fase de incubación e outra de aceleración e o fin do programa co seguimento dos investimentos. Unha vez seleccionados os proxectos, pasarán pola fase de incubación se son empresas en fase temperá que se atopen entre o nacemento da idea e a validación do modelo de negocio. Cada proxecto recibirá unha axuda da Xunta de ata 100.000 euros e poderán acceder a investimentos en capital por parte de Indra de entre 50.000 e 500.000 euros. As empresas que participen na fase de aceleración poderán acceder tamén a financiamento en forma de préstamos e investimentos en capital. A previsión inicial é lanzar tres convocatorias que van mobilizar, como mínimo, 4,75 millóns de euros ata finais do ano 2021.

En cada unha das edicións, apoiaranse seis proxectos (tres na fase de incubación para empresas e tres na de aceleración, excepto na terceira convocatoria, na que se engadirá unha sétima iniciativa, ao contar cunha cuarta empresa na fase de aceleración. Así, en total, a aceleradora dará soporte a un total de 19 empresas e suporá a creación de 60 empregos directos.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

Segundo apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, esta iniciativa, que nun primeiro momento se desenvolverá no Pazo de Feiras lucense e posteriormente se instalará no Centro de Emprendemento programado no antigo Hospital Xeral de Lugo, constitúe unha verdadeira aposta por integrar a todos os actores implicados no desenvolvemento do sector aeronáutico galego.

Conde destacou tamén que nace como unha iniciativa aberta e extensiva a outros sectores relacionados coa alta tecnoloxía ou os centros de coñecemento. A aceleradora aeronáutica non só achegará financiamento, senón que pon á disposición dos emprendedores servizos de acompañamento e asesoramento en todo o proceso, incluíndo espazos de traballo gratuíto, medios TIC, consultaría técnico e de negocio, financiamento complementario, acceso á bolsa de emprego da Civil UAVS Initiative para a selección de persoal e formación.

Así, segundo fixo fincapé o titular de Economía, Emprego e Industria, os participantes na aceleradora van ser parte dos proxectos que darán alcance e contido ao futuro parque empresarial de Rozas que se construirá na contorna do polo aeronáutico, unha infraestrutura de apoio ao parque tecnolóxico que dará cabida a unha boa representación das empresas máis punteiras da aeronaútica feita en Galicia, que fará da provincia de Lugo o enclave de referencia do sector.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

Esta aceleradora aeronáutica vai ser unha peza clave no ecosistema innovador, seguindo a estela doutras iniciativas da Rede Galega de Aceleradoras, que no seu conxunto leva apoiado preto de 900 proxectos de negocio nos últimos cinco anos. Entre estas aceleradoras atópanse a Business Factory Auto no sector da automoción; a primeira incubadora de España para o descubrimento de novos fármacos da man da Fundación Kaertor e a multinacional Jannsen; ou ViaGalicia, cunha das súas sedes en Lugo.


- Te recomendamos -